Cirrio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cabeza de Apus apus.

Os cirrios,[1] ou birrios,[2] son aves da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, subfamilia dos apodinos e tribo dos apodininos.

Outros nomes galegos para algunhas especies son andoriñón ou andurón.

Caracterísicas[editar | editar a fonte]

Son semellantes ás salanganas de Asia e Oceanía,[3] que pertencen a outra tribo, a dos colocaliinos e, ambos os grupos, morfoloxicamente parecidos ás andoriñas, pero non están estreitamente emparentados con elas, nin con ningún paseriforme; as semellanzas coas andoriñas son só o resultado dunha converxencia evolutiva.

De corpo pequeno e estilizado, de entre os 9 e os 25 cm de lonxitude, segundo a especie, coa plumaxe de coloración xeralmente negra ou apardazada, (aínda que algunhas especies presentan a rexión ventral máis clara ou manchas coloreadas na zona da garganta), sen dimorfismo sexual evidente, e ás extremamente longas, en comparación ao resto do corpo, e en forma de fouciño, aptas para o voo rápido, así como unha ampla apertura bucal e un peteiro reducido e algo curvado, rodeado de serdas, apto para atraparen insectos en voo.

As plumas primarias, longas e estreitas, xunto coas penas secundarias moito máis curtas, permítenlles un voo rápido e a posibilidade de planar.

As patas e os dedos son moi curtas e ineficaces para camiñaren polo solo, e só son adecuadas para aferrarse. Por iso nunca pousan voluntariamente en terra, pero si pousan pendurando en superficies verticais, xa que de pousaren horizontalmente podería significar a muerte da ave ao non poder remontaren o voo, tendo as patas tan curtas e as ás tan longas, porque non teñen un punto de apoio adecuado para iniciaren o voo.

Estas aves pertencen ao grupo das mellores aves voadoras do mundo, e moitas das especies poden permaneceren en voo durante meses. Comen, dormen e se reproducen no aire, e só aterran poñeren os ovos. O seu alimento consiste en insectos voadores, que capturan en voo, a miúdo xusto na superficie da auga ou por riba doutro tipo de zonas húmidas. A auga é, polo tanto, un elemento importante para estas especies.[4]

A fisioloxía dos cirrios está especialmente adaptada para o modo de vida aéreo do grupo, ás veces a grande altitude. O tipo de hemoglobina que posúen é diferente ao das restantes aves, e permite o transporte de grandes cantidades de oxíxeno a baixa presión. Grazas a estas adaptacións excepcionais para o voo e á forma das ás, os cirrios pasan gran parte do seu tempo no aire, e algunhas especies (como o cirrio común) son mesmo capazces de durmiren cando planan.

En Galicia[editar | editar a fonte]

En Galicia pódense atopar catro especies:

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cirrio.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para birrio.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salangana.
  4. Chantler, P. (2016): Swifts (Apodidae). En: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D.A. & de Juana, E. (eds.). Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Conde Teira, M. A. (1999): "Lista de nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada". Chioglossa 1: 121-138.
  6. 6,0 6,1 Dicionaro Digalego cirrio Arquivado 06 de novembro de 2018 en Wayback Machine.
  7. Penas Patiño, X. M.; Carlos Pedreira López e Calros Silvar (2004): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-9612-869-5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]