Saltar ao contido

Circunvalación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circunvalación
Imaxe
 Subclase de
Códigos e identificadores
Freebase/m/0dnzq Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778360411 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 100920
Wikidata C:Commons
Mapa da estrada de circunvalación de San Petersburgo, en Rusia.

En urbanismo, unha estrada de circunvalación, cinto, anel ou ronda é unha estrada, autoestrada ou avenida que circula arredor ou a través dunha cidade, área metropolitana, arrodeándoa totalmente, de xeito que os vehículos que non o precisar non teñan que ingresaren no centro urbano.

Ademais, os vehículos utilizan este tipo de estradas para escoller o acceso ao centro da cidade, ou mesmo para ir dun lugar a outro dunha metrópole. Isto diferénciaos das variantes ou bypasses,​ que se constrúen especificamente para que unha estrada evite o paso por unha zona urbana.

A deferenza das autoestradas ou viais de acceso, as circunvalacións vertebran as cidades, e permiten aos barrios monofuncionais da periferia teren accesos de primeira orde e ter conexión directa con outras partes da cidade e do territorio.[1][2]

Circunvalacións en Galicia

[editar | editar a fonte]
Cartaz da circunvalación de Vigo, a VG-20.
Trazo da Ronda Leste da cidade de Lugo.

En Galicia, así coma no resto do estado, as circunvalacións denomínanse co código da cidade do anel e dous números. O primeiro indica o raio do anel con respecto ao centro da cidade, e o segundo é un cero en referencia á forma circular da estrada. Por exemplo, a VG-20 contén o código da cidade de Vigo (VG), e o 2 indica os quilómetros que distan da centro da cidade.

Existen dificultades históricas para establecer estradas de circunvalación en Galicia, especialmente pola complexidade de competencias e propiedades das estradas, que poden pertencer a administracións locais, autonómicas, estatais e mesmo de Deputacións. Moitas circunvalacións están formadas en parte por tramos de autoestradas, como poden ser diversos tramos da Autoestrada AP-9, que de facto é empregada coma circunvalación de cidades coma A Coruña, Santiago, Vilagarcía, Pontevedra ou Vigo, así como a Autovía do Noroeste para A Coruña ou a Autovía das Rías Baixas para Vigo. Unha gran parte destes problemas de organización parten da ausencia de organismos de planificación e xestión a escala metropolitana.[3]

En Galicia podemos atopar as seguintes circunvalacións:

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Mirallave Izquierdo, Vicente (2001). "Circunvalación y atractores: anverso y reverso de la ciudad.". Cartas Urbanas: 86–93.
  2. Sola Morales, I (1992). "Proyectar la periferia.". UR.
  3. Rodríguez González, Román (2009). Ordenación y gobernanza de las áreas urbanas gallegas. Netbiblo. p. 174. ISBN 9788497454506.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]