Saltar ao contido

Cinta illante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A fita illante[1] ou cinta illante,[2] ás veces chamada cinta eléctrica (do inglés electrical tape)[3] é un tipo de cinta adhesiva sensíbel á presión que se usa principalmente para illar fíos eléctricos e empalmes de cables. Este tipo de cinta é capaz de soportar condicións de temperaturas extremas, corrosión, humidade e alta tensión eléctrica.

A cinta illante está feita de material de PVC fino, xeralmente de 14 mm de ancho; un lado da cinta está impregnado cun adhesivo. Elixiuse o PVC por ser un material de baixo custo, flexíbel e con excelentes propiedades illantes eléctricas, aínda que presenta o inconveniente de endurecerse co tempo e a calor.

Cinta illante estándar negra.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]
"Cinta eléctrica" (electric tape) #27

Na década de 1950, o vinilo xurdiu como un material altamente versátil para unha ampla gama de usos, desde cortinas de ducha até illamento de cables. Con todo, conseguir que tivese as características adecuadas para facer unha cinta requiriu un importante esforzo de investigación.

Un ingrediente importante na película de vinilo foi o fosfato de tricresilo (TCP), que se usaba como plastificante. Desafortunadamente, o TCP tivo unha tendencia a migrar, o que lle deu á superficie da cinta unha calidade oleosa, afectando a propiedade adhesiva da cinta. Por iso, o equipo de investigación de 3M comezou a traballar na creación dunha cinta de vinilo fiable que tivese as características adecuadas en canto a illamento eléctrico, resistencia física e propiedades químicas.

Realizáronse experimentos combinando novos plastificantes coa resina vinílica, que era branca e de consistencia fariñosa. Finalmente, en xaneiro de 1946, Snell, Oace e Eastwood, un equipo de inventores de 3M, solicitou unha patente para unha cinta illante eléctrica de vinilo cun plastificante e un adhesivo de goma sen xofre. A primeira versión comercializada da cinta foi vendida para envolver fíos.[3]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fita.
  2. "Dicionario visual da construción - Colexio de Arquitectos de Galicia" (PDF). MacMillan - Visual Dictionary of Construction. Consultado o 2 de decembro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 "Electrical Tape History". 3M Philippines (en inglés). Consultado o 2 de decembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]