Saltar ao contido

Cinceiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cinceiro de vidro

Un cinceiro ou cinseiro[1] é un recipiente destinado a recoller a cinza dos cigarros así como a extinguir e recoller as cabichas. O cinceiro foi durante décadas un utensilio habitual nos fogares, centros de traballo e lugares de ocio. Porén, as restricións ó tabaco que se impuxeron nalgúns países estanos desprazando cara a lugares abertos provocando unha modificación no seu deseño e características.

Basicamente, pódense distinguir dous tipos de cinceiros:

  • Os de sobremesa.
  • Os destinados a zonas comúns como recepcións, salas de espera ou lugares abertos.

Cinceiros para zonas comúns

[editar | editar a fonte]

Algúns cinceiros instálanse en lugares públicos como recepcións, corredores, salas de espera, etc. O seu tamaño é maior que os anteriores e contan con diferentes sistemas de protección antincendios, antifume, antirroubo, etc.

O cinceiro estándar é un recipiente alto con soporte. Na parte superior conta ben cun orificio, ben cun leito de area protexido por unha reixa. Nesta recóllense as cabichas que poden ser retiradas quedando a cinza na area. A base constitúe polo xeral unha papeleira cunha ou varias aperturas laterais.

Cinceiro mural baixo un signo de prohibición en Francia

Ademais, existen as seguintes variedades:

  • Cinceiro mural. Cinceiro cadrado ou rectangular que se adhire á parede.
  • Cinceiro elevado. Cinceiro alto que se atornilla na pared.
  • Cinceiro con tellado superior.
  • Cinceiro tubular. Consiste nun tubo alto con base plana e sen papeleira inferior.
  • Cinceiro de chan. Cinceiro que se coloca a ras de chan. Pode ser de area ou con rañura para introducir as cabichas.

Como cinceiros para colocar ó aire libre desenvolvéronse diferentes modelos caracterizados por:

  • A protección superior do recipiente contra a choiva
  • A incorporación de orificios estreitos para evitar a introdución de lixo e reducir o contido de aire no interior
  • A incorporación de contrapesos ou soportes fixos que reduzan o risco de roubo

Coleccionismo

[editar | editar a fonte]

Algúns cinceiros serven como artigo promocional para compañías, localidades, institucións, marcas comerciais etc. Incorporan o seu logotipo, eslogan ou imaxe de marca e chegaron a converterse en obxecto de coleccionismo.

Cinceiro de decoración con motivos do Nadal

Os cinceiros convertéronse nun adorno máis habitual nos fogares, ata o punto de chegar a ser, nalgúns casos, máis que un instrumento útil parte da decoración.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cinceiro.