Ciencias da documentación
As ciencias da documentación son unha disciplina científica encargada de rexistrar e recuperar a información.[1] Co tempo, expandiuse até desenvolver o eido das ciencias da información.
A documentación é a acción de seleccionar, clasificar, utilizar e difundir os documentos. Por extensión, o termo documentación designa tamén a un conxunto de información e documentos.
Historia
[editar | editar a fonte]As ciencias da documentación orixínanse no traballo pioneiro dos avogados e pacifistas belgas Paul Otlet (1868-1944) e Henri La Fontaine (1854-1943). Foi Otlet quen cuñou o termo, para alén de escribir dous tratados sobre a materia: Traité de Documentation (1934) e Monde: Essai d'universalisme (1935). Neste sentido, é considerado o pai da documentación como disciplina científica.
Durante a primeira metade do século XX, a industrialización conduciu a unha intensa produción de información; en consecuencia, elaboráronse novas técnicas de recollida e tratamento da mesma, e creáronse servizos de documentación arredor dos centros económicos. Porén, é tras a segunda guerra mundial que ocorre unha auténtica explosión documental, cun crecemento exponencial de todo tipo de documentos. O progreso tecnolóxico, en especial o informático, permitiu aos profesionais da documentación aumentar e automatizar o traballo de recollida, tratamento e xestión de datos.
Nos Estados Unidos, destaca o ano 1968 como momento de transición entre as ciencias da documentación e as da información. Así, o American Documentation Institute converteuse na American Society for Information Science and Technology. Por outra banda, Harold Borko publicou o seu artigo "Information Science: What Is It?" (en galego: Que é a ciencia da información?) na revista American Documentation. Porén, o campo da documentación non foi totalmente subsumido no das ciencias da información.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rayward, W. B. (1994). "Visions of Xanadu: Paul Otlet (1868-1944) and hypertext". Journal of the American Society for Information Science (en inglés) 45 (4): 235–250. doi:10.1002/(SICI)1097-4571(199405)45:4<235::AID-ASI2>3.0CO;2-Y.