Ciencias humanas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ciencias Humanas»)

As ciencias humanas son as ciencias que teñen por obxecto de estudo o home e a sociedade nos seus distintos aspectos e manifestacións. É un concepto epistemolóxico que designa a un grupo de ciencias cuxo obxecto é o home ou os grupos humanos e a súa cultura. Non é de utilización moi xeneralizada, aínda que está presente nalgunhas denominacións institucionais.[1] Pode considerarse dalgunha forma semellante a conceptos pouco utilizados na actualidade, como os de ciencias morais e ciencias políticas; ou o moito máis empregado de humanidades. Adóitase agrupar ás ciencias humanas xunto co concepto de ciencias sociais, das que non teñen unha distinción clara (historia, xeografía, economía, ciencia política, socioloxía, antropoloxía etc.); mesmo nalgúns casos enuméranse con elas disciplinas do contorno das ciencias da saúde, como a psicoloxía, ou saberes máis xerais, como a filosofía.[2]

Na teoría de Wilhelm Dilthey, as ciencias humanas reciben a denominación de ciencias do espírito (Geisteswissenschaften).[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Facultade de Ciencias Humanas da Universidade Nacional do Centro (Arxentina), Facultade de Ciencias Humanas Universidade San Luis (Arxentina), Facultade de Letras e Ciencias Humanas da Universidade Nacional Maior de San Marcos Arquivado 23 de novembro de 2013 en Wayback Machine. (Perú).
  2. Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC (España) Facultade de Ciencias Humanas e Sociais da Universidade de Navarra.
  3. Einleitung in die Geisteswissenschaften (Introdución ás "ciencias do espírito" —traducido ás veces como "ciencias humanas" ou como "humanidades"—), 1914.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.