Cien años de soledad (serie de televisión)
| Cien años de soledad | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Xénero
| |||||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||||
| Autoría | |||||||||
|
Director/a
| |||||||||
|
Guionista
| |||||||||
|
Deseñador/a produción
| |||||||||
|
Actores
| |||||||||
| Temática | |||||||||
|
Ambientado en
| |||||||||
|
Baseado en
| |||||||||
|
Inspirado na obra de
| |||||||||
| Publicación | |||||||||
|
Produtor/a
| |||||||||
|
Compañía produtora
| |||||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||||
|
Emisora orixinal
| |||||||||
|
Formato de distribución
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Cien años de soledad é unha serie de televisión colombiana baseada na novela homónima de 1967 de Gabriel García Márquez. A serie conta con dezaseis episodios en Netflix, e os primeiros oito estreáronse o 11 de decembro de 2024.[1][2][3][4] Dirixida por Alex García López e Laura Mora, a serie é producida por Dynamo e distribuída por Netflix. Está protagonizada por Claudio Cataño, Marco González, Leonardo Soto, Susana Morales, Ella Becerra, Carlos Suárez, Moreno Borja e Viña Machado.[5]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Ao casar en contra da vontade dos seus pais, os curmáns José Arcadio Buendía (Marco Antonio González Ospina) e Úrsula Iguarán (Susana Morales Cañas) deixan atrás a súa vila e comezan unha longa viaxe na procura dun novo fogar. Acompañados por amigos e aventureiros, o seu periplo remata coa fundación dunha utópica vila á beira dun río de pedras prehistóricas que bautizan como Macondo. Varias xeracións da estirpe dos Buendía marcarán o devir desta vila mítica, atormentadas pola tolemia, os amores imposibles, unha guerra sanguenta e absurda, e o medo a unha terrible maldición que as condena, sen esperanza algunha, a cen anos de soidade.[4]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Marco Antonio González Ospina como José Arcadio Buendía na súa xuventude
- Diego Vásquez como José Arcadio Buendía na súa adultez
- Susana Morales Cañas como Úrsula Iguarán na súa xuventude
- Marleyda Soto como Úrsula Iguarán na súa adultez
- Edgar Vittorino como José Arcadio
- Andrius Leonardo Soto como José Arcadio adolescente
- Thiago Padilla como José Arcadio na súa nenez
- Claudio Cataño como o coronel Aureliano Buendía.
- Santi Vásquez como Aureliano Buendía de mozo
- Jerónimo Echeverría Monsalve como Aureliano Buendía de neno
- Jerónimo Barón Lyentsova como Aureliano Buendía adolescente
- Loren Sofía Paz como Amaranta Buendía na súa adultez
- Luna Ruiz Jiménez como Amaranta Buendía na súa nenez
- Juan Eduardo Florido como Arcadio na súa nenez
- Janer Villarreal como Arcadio na súa adultez
- Nicole Montenegro Sánchez como Rebeca na súa nenez
- Laura Grueso "Akima" como Rebeca
- Moreno Borja como Melquiades
- Viña Machado como Pilar Ternera
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hudspeth, Christopher (25 de novembro de 2024). "Everything You Need to Know About One Hundred Years of Solitude". Netflix.
- ↑ "Cien años de soledad (serie de TV) | Drama, fantasía, historia" (en castelán). Consultado o 2024-10-08.
- ↑ "Netflix revela cuándo estrenará la serie “Cien años de soledad”". www.proceso.com.mx (en castelán). Consultado o 2024-10-09.
- ↑ 4,0 4,1 "Cien años de soledad se estrena el 11 de diciembre". About Netflix (en castelán). Consultado o 2024-10-09.
- ↑ Nast, Condé (2024-04-17). "Guía COMPLETA del reparto y personajes de la serie de Cien años de soledad". Vogue (en castelán). Consultado o 2024-04-18.