Cidades xemelgas

En urbanismo, o termo cidades xemelgas refírese ao caso especial de dúas cidades ou centros urbanos veciños que crecen nunha única conurbación (ou áreas urbanas estreitamente separadas) ao longo do tempo[1]. Non hai criterios formais, pero as cidades xemelgas son xeralmente comparables en estado e tamaño, aínda que non necesariamente iguais; unha cidade e un suburbio substancialmente máis pequeno normalmente non serían considerados cidades xemelgas, aínda que algunha vez estivesen separados. As cidades triplas ou tricities e as quad cities son grupos similares de tres ou catro municipios.[2]
Un exemplo común, aínda que non universal, é o caso de dúas cidades que se desenvolveron simultaneamente nas beiras opostas dun río. Por exemplo, Tui e Valença, en Galicia e Portugal respectivamente, son dúas poboacións transfronteirizas divididas polo río Miño[3]. Ditas cidades xemelgas recibiron a denominación de eurocidade[4][5]. Outro exemplo son as cidades de Minneapolis e Saint Paul en Minnesota, unha das parellas de cidades xemelgas máis coñecidas, foron fundadas a varias millas de distancia en lados opostos do río Mississippi, e competiron pola prominencia a medida que crecían.
Nalgúns casos, as cidades xemelgas están separadas por unha fronteira estatal, como Albury (Nova Gales do Sur) e Wodonga (Vitoria) en Australia, nos lados opostos do río Murray. En Paquistán, Islamabad e Rawalpindi son cidades xemelgas situadas na rexión noroeste de Panxab: Islamabad forma parte administrativamente do Territorio da Capital de Islamabad e Rawalpindi está na provincia de Punjab. As cidades dos lados opostos das fronteiras internacionais ás veces comparten a suficiente identidade cultural e histórica como para ser vistas como xemelgas, como Haparanda (Suecia) e Tornio (Finlandia), Leticia (Colombia) e Tabatinga (Brasil), ou Valga (Estonia) e Valka (Letonia).
Nalgúns casos, as cidades xemelgas acaban fusionándose nun único municipio legal, como Buda e Pest fusionándose en 1873 en Budapest, Hungría; Brooklyn foi anexionado pola cidade de Nova York en 1898; e as tres antigas cidades de Hankou, Hanyang e Wuchang uníndose en 1927 a Wuhan.
Como unha única área urbana, as cidades xemelgas poden compartir un aeroporto cuxos códigos inclúan as iniciais de ambas cidades, por exemplo DFW (Dallas–Fort Worth), LBA (Leeds–Bradford), MSP (Minneapolis–Saint Paul), RDU (Raleigh e Durham) e CAK (Akron–Canton).
Lista de cidades xemelgas
[editar | editar a fonte]

En Galicia
[editar | editar a fonte]- Tui e Valença, dúas cidades transfronteirizas separadas por unha ponte internacional e unha ponte de estrada convencional, que conforman a eurocidade homónima.[6]
- Salvaterra de Miño e Monçao
- A Guarda e Caminha. Ambas vilas tranfronteirizas están separadas pola desembocadura do río Miño. Malia non existir comunicacións terrestres, coma pontes ou viadutos, que si existen no caso de Tui e de Salvaterra, existe un marcado transporte marítimo entre ambas cidades.[7]
- Vigo e Redondela. O concello de Redondela, de case 30.000 habitantes, non só funciona coma vila satélite a área metropolitana viguesa, senón que barrios como o de Chapela posúen unha continuidade urbana co barrio vigués de Teis[8].
- Tomiño e Vila Nova de Cerveira.
- Verín e Chaves.
En España
[editar | editar a fonte]- Alcobendas e San Sebastián de los Reyes
- Coslada e San Fernando de Henares
- Santa Cruz de Tenerife e San Cristóbal de La Laguna
- Elda e Petrer
- Fuengirola e Mijas
- Las Rozas de Madrid e Majadahonda
- Barcelona e Hospitalet de Llobregat
- Aldaia e Alaquàs
- Santurtzi, Getxo, Barakaldo e Bilbao
- Hendaia e Irún
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dilla Alfonso, Haroldo (2008). Ciudades en la frontera: aproximaciones críticas a los complejos urbanos transfronterizos. Grupo de Estudios Multidisciplinarios Ciudades y Fronteras. ISBN 9789945860429.
- ↑ Marqués, R.; Machado, T. (2008). O mérito das cidades-gemeas nos espaços fronteiriços. Observatorio Iberoamericano de la Economía Social. p. 22-30.
- ↑ Márquez Domínguez, Juan Antonio (2021). La eurociudad del Guadiana. Perfil e identidad en la frontera ibérica. Editorial de la Universidad de Huelva. ISBN 9788418984112.
- ↑ Ferreira, Antón. "Tui y Valença firman hoy el protocolo de la Eurocidade". Atlántico Diario. Consultado o 10 de marzo de 2024.
- ↑ "Eurocidade Valença-Tui". Portal Municipal de Valença. Consultado o 10 de abril de 2025.
- ↑ Sánchez Bargiela, Rafael (2013). Eurocidade Tui Valença-Valença Tui : dúas cidades, tres linguas e dous pobos, unidos por un río, unha emoción e unha vontade. Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea - 2013. ISBN 9788499405568.
- ↑ Campesino Fernández, Antonio José (2014). Turismo da fronteira. Produtos turísticos da raia ibérica. Editorial de la Universidad de Huelva. p. 175. ISBN 9788416061693.
- ↑ Martí Fort, JM (2017). La España de las ciudades. El Estado frente a la sociedad urbana. ED Libros. p. 143. ISBN 9788469753859.