Cidade vella de Talín
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| País | Estonia | |||
| Condados | Condado de Harju | |||
| Concello urbano | Talín | |||
| Patrimonio da Humanidade | ||||
| Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
| Data | 1997 (21ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii) e (iv) | |||
| Identificador | 822 | |||
| Monumento arqueolóxico | ||||
| Data | 30 de agosto de 1996 | |||
A cidade vella de Talín (en estoniano: Tallinna vanalinn) é a parte máis antiga de Talín, en Estonia. A cidade vella de Talín conseguiu preservar por completo a súa estrutura de orixe medieval e hanseática. A cidade vella representa un plano da cidade do século XIII excepcionalmente intacto.[1] Desde 1997, a zona está rexistrada na Lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO. A cidade vella está delimitada polas murallas de Talín. A súa superficie é de 113 ha.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]
As orixes de Talín están documentadas no século XIII, coa construción dun castelo polos cabaleiros da Orde Teutónica. A cidade experimentou un importante desenvolvemento como centro neurálxico da Liga Hanseática. Esta prosperidade maniféstase na suntuosidade dos edificios públicos, en particular das construcións eclesiásticas, e na notable conservación da arquitectura doméstica das residencias dos comerciantes. Estas estruturas sobreviviron excepcionalmente ben ao longo dos séculos, a pesar dos efectos destrutivos dos incendios e dos conflitos bélicos.[2]
A maioría dos edificios e estruturas da cidade vella foron construídos entre os séculos XIII e XVI.[3]
Durante a segunda guerra mundial, mentres o exército alemán ocupaba Estonia entre 1941 e 1944, a cidade vella de Talín sufriu varios bombardeos aéreos da forza aérea soviética. Durante o bombardeo soviético máis destrutivo do 9 ao 10 de marzo de 1944, máis de mil bombas incendiarias foron lanzadas sobre Talín, causando incendios xeneralizados, destruíndo preto do 10% dos edificios da cidade vella, matando a centos e deixando sen fogar a máis de 20.000 persoas.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tallinn Old Town". Visitestonia.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2021. Consultado o 15 de febreiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Centre, UNESCO World Heritage. "Historic Centre (Old Town) of Tallinn". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ Bureau, Tallinn City Tourist Office & Convention. "Old Town". Visit Tallinn (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cidade vella de Talín |
| A Galipedia ten un portal sobre: Estonia |

