Cidade vella de Damasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cidade vella de Damasco
DamascusRomanArch.jpg
Arco romano na Viae Recta, divide as partes musulmá e cristian da cidade antiga.
[[Ficheiro:
Damasco en Siria
Damasco
Damasco
|300px]]
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísFlag of Syria.svg Siria
Localización33°30′41″N 36°18′23″L / 33.51139, -36.30639
TipoCultural
CriteriosI, II, III, IV, VI
Inscrición1979 (3ª sesión)
Rexión da UNESCOEstados árabes
Identificador1979

A Cidade Antiga de Damasco é o centro histórico de Damasco (Siria). A cidade antiga que é unha das cidades habitadas máis antigas no mundo,[1] contén numerosos sitios arqueolóxicos, incluíndo algunhas igrexas e mesquitas históricas. Moitas culturas deixaron a súa marca, especialmente helenísticas, romanas, bizantinas e islámicas. En 1979, o centro histórico da cidade, rodeado de murallas da era romana, declararouse Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. En xuño de 2013, a UNESCO incluíu todos os sitios sirios na lista de Patrimonio Mundial en perigo para avisar dos riscos aos que están expostos debido á Guerra civil siria.[2]

Orixes e fundación[editar | editar a fonte]

Situada na marxe sur do río Barada, a antiga cidade fundouse no terceiro milenio a. de C. O diámetro horizontal do óvalo é de aproximadamente 1´5 km coñecido como Rúa recta de Damasco, mentres que o diámetro vertical latín: Cardus Maximus) é de aproximadamente 1 km.. Cunha área aproximada de 86´12 hectáreas (0´86 km2), a cidade antiga estaba dentro dun muro histórico de 4´5 km en circuíto que foi construído principalmente polos romanos, entón fortificada pola dinastía aiúbida e mamelucos.[2]

A primeira mención de Damasco foi como "Ta-ms-qu" no segundo milenio a.deC., situouse na rexión de Amurru no medio dunha zona de conflito entre os hititas e exipcios. A cidade pagaba tributos ata o xurdimento dos Pobos do Mar no 1200 adeC cuxas incursións axudaron a debilitar aos rivais. En consecuencia, os arameos semitas conseguiron establecer o estado independente de Aram-Damasco (século XI-733 adeC), nomeando a cidade principal como "Dimashqu" ou "Darmeseq".[3]

Cadro de tempo histórico[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia, Damasco formou parte dos seguintes estados:

Mapa de Damasco en 1855

Lugares principais[editar | editar a fonte]

Típica rúa antiga Damascena

Damasco ten unha gran cantidade de sitios históricos que se remontan a diferentes épocas da historia da cidade. dado que a cidade construíuse con todas as ocupacións que pasaron, converteuse ase imposible para escavar todas as ruínas de Damasco que están a menos de 2´5 metros debaixo do nivel moderno. A Cidadela de Damasco está situada na esquina noroeste da Cidade Vella. A Rúa recta de Damasco (referida na conversión de San Paulo en Feitos 9:11), tamén coñecida como a Via Recta, foi o decumanus (rúa principal leste-oeste) do Damasco romano, e estendeuse por máis de 1500 m.. Hoxe, consta da rúa de Bab Sharqi e do Souk Medhat Pasha, un mercado cuberto. A rúa Bab Sharqi está chea de pequenas tendas e conduce ao antigo barrio cristián de Bab Tuma (Porta de Santo Tomás). Medhat Pasha Souq é tamén un mercado principal en Damasco e foi nomeado por Midhat Pasha, o gobernador otomán de Siria que renovou o Souk. Ao final da rúa Bab Sharqi, atópase a casa de Ananias, unha capela subterránea que foi a bodega da casa de Ananias de Damasco. A Mesquita Umaiada, tamén coñecida como a Gran Mesquita de Damasco, é unha das maiores mesquitas do mundo e tamén un dos sitios máis antigos de oración continua desde o xurdimento do islam. Pódese dicir que hai un santuario na mesquita que contén o corpo de Xoán o Bautista. O Mausoleo de Saladino onde se enterrou Saladino está situado nos xardíns xusto fóra da mesquita. A Mesquita Sayyidah Ruqayya, o santuario da filla máis nova de Husayn ibn Ali, tamén se pode atopar preto da mesquita omeia. O antigo distrito de Amara está tamén a unha curta distancia a partir destes sitios. Outro sitio fortemente visitado é a mesquita Sayyidah Zaynab, onde se atopa a tumba de Zaynab bint Ali.

Zocos e caravasares[editar | editar a fonte]

Zoco Al-Hamidiyah

Edificios históricos[editar | editar a fonte]

Ruínas do templo de Xúpiter na entrada do zoco de Al-Hamidiyah
Palacio Azm

Madrasas[editar | editar a fonte]

Portas[editar | editar a fonte]

A parte antiga da cidade está rodeada por grosos muros de 4´5 quilómetros de lonxitude,[9] horadada por sete portas históricos, a oitava porta engadíuse posteriormente polos musulmáns. Estes son, no sentido horario desde o lado nordés:

Baños turcos[editar | editar a fonte]

A presenza de baños públicos (ḥammāms) en Damasco comezou durante a era de Omeia, mentres que algúns historiadores os datan ná época romana. Os baños de Damasco mencíonanse por unha serie de historiadores de Damasco, como Ibn 'Asakir (1106-1175 AD) no seu famoso libro "A Historia de Damasco". No seu libro, Ibn 'Asakir cita 77 de baños que funcionaban nesa época dentro da cidade. O historiador Ibn Shaddad contaba 114 baños localizados en Damasco no 1250 d. C.

O número destes baños aumentou a 365 durante a época do Imperio otomán, despois diminuíu drasticamente ata quedar en 60 baños a finais do século XIX. Hoxe en día, con todo, o número de baños en pleno funcionamento é apenas de 20, o máis famoso deles é o baño "Nour al-Din al-Shahid" no Al-Buzuriyah Souq.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]