Saltar ao contido

Cicloartenol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cicloartenol
Modelo de bólas e barras do cicloartenol
Identificadores
Número CAS 469-38-5
PubChem 92110
ChemSpider 16788581
UNII YU32VE82N3
ChEBI CHEBI:17030
Imaxes 3D Jmol Image 1
Image 2
Propiedades
Fórmula molecular C30H50O
Masa molecular 426,72 g/mol

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O cicloartenol é un importante triterpenoide atopado en moitas plantas. É un esteroide pertencente ao grupo do esterol. É o punto de partida para a síntese de case todos os esteroides de plantas,[1] o que os fai quimicamente distintos dos esteroides de fungos e animais, os cales se producen a partir do lanosterol.

A biosíntese do cicloartenol comeza a partir do triterpenoide escualeno.[2] O seu primeiro precursor na biosíntese doutros estanois e esterois, denominados fitostanois e fitosterois en organismos fotosintéticos. As identidades e distribución de fitostanois e fitosterois son características de cada especie de planta.

  1. Schaller, Hubert (May 2003). "The role of sterols in plant growth and development". Progress in Lipid Research 42 (3): 163–175. PMID 12689617. doi:10.1016/S0163-7827(02)00047-4. 
  2. Nes, W. David (2011). "Biosynthesis of Cholesterol and Other Sterols". Chemical Reviews 111 (10): 6423–6451. PMC 3191736. doi:10.1021/cr200021m. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.