Cianuro de sodio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O cianuro de sodio ou cianuro sódico (NaCN) é a sal sódica do ácido cianhídrico (HCN). Trátase dun composto sólido e incoloro que hidroliza facilmente en presenza de auga e óxido de carbono (IV) para dar carbonato de sodio e ácido cianhídrico:

2 NaCN + H2O + CO2 -> Na2CO3 + 2 HCN

En auga disólvese cun pH básico.

Datos fisicoquímicos[editar | editar a fonte]

  • Fórmula: NaCN
  • Masa molecular: 49,01 g/mol
  • Punto de fusión: 563,7 °C
  • Punto de ebulición: 1.496 °C
  • Densidade: 1,60 g/ml
  • Nº CAS: 143-33-9

Aplicación[editar | editar a fonte]

O cianuro de sodio emprégase sobre todo en minaría para extraer o ouro e a prata da rocha nai.

Analítica[editar | editar a fonte]

  • Co nitrato de prata fórmase un precipitado de cianuro de prata que se redisolve en presenza de exceso de cianuro.
  • Coun* defecto de sulfato ferroso (FeSO4) fórmase tras acidular (COIDADO - LIBERACIÓN DE CIANHÍDRICO ALTAMENTE TÓXICO) un precipitado de azul de Prusia.
  • Con ións de cobre fórmase un precipitado de cianuro de cobre(I) e libérase dician (NC-CN)(CUIDADO - TÓXICO)
  • O ión sodio pola cor característica en chama.

Eliminación[editar | editar a fonte]

O cianuro de sodio é posíbel eliminalo con sulfato de ferro formando hexacianoferratos ([Fe(CN)6]3- ou [Fe(CN)6]4-)