Chus Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chus Martínez
Nacemento1972
Lugar de nacementoPonteceso
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Autónoma de Barcelona, Bard College e Universidade de Columbia
Ocupaciónhistoriador da arte, filósofa, escritora e comisaria de arte
Na rede
Twitter: chusmartinez Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Chus Martínez, nada en Ponteceso en 1972, é unha comisaria galega de arte, e directora do Institute of Arte do FHNW Academy of Arte and Design de Basilea (Suíza).[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Filosofía e Historia da arte. Anteriormente foi conservadora xefe no Museo do Barrio de Nova York, xefa de departamento e membro do Core Agent Group en dOCUMENTA(13), conservadora xefe do MACBA (2008-11), directora da Frankfurter Kunstverein (2005-08) e directora artística de Sala Rekalde de Bilbao (2002-05).[2] Participou na Bienal de Venecia do 2005 e foi asesora curatorial do Carnegie International e da 29a Bienal de São Paulo.

Paralelamente, foi comisaria en numerosas exposicións durante o seu paso pola Frankfurter Kunstverein e o MACBA, e tamén noutras institucións, como o Museo de Arte Raíña Sofía de Madrid. Chus Martínez imparte conferencias, escribe regularmente ensaios críticos en catálogos e é colaboradora habitual de Artforum, entre outras revistas de arte internacionais.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El auge y auge de Chus Martínez", artigo de Roberta Bosco en El País, 20 de xaneiro de 2014 (consulta 6 de marzo de 2017)
  2. "Chus Martínez, comisaria jefe del Museo del Barrio de Nueva York", artigo de Roberta Bosco en El País, 21 de outubro de 2012 (consulta 6 de marzo de 2017).
  3. Sota Setge. Mariam Ghani i Omer Fast. Centre de Cultura Contemporània de Barcelona septiembre-octubre 2014 Consulta 6 de marzo de 2017
  4. Chus Martínez Centre de Cultura Contemporània de Barcelona Consulta 4 de abril del 2016