Víctor Vázquez Rosales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Churre»)
Churre
Información persoal
Nome Víctor Vázquez Rosales
Nacemento 17 de outubro de 1989 (34 anos)
Lugar de nacemento Marín
Altura 1,80 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Pontevedra CF
Número 4
Carreira xuvenil
Porvir CF
Agrupación Xuvenil Lérez
2007–2008 Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2013 Celta B 141 (8)
2008–2009Portonovo (cedido)
2009–2012 Celta 3 (0)
2013–2018 Racing de Ferrol 165 (4)
2018– Pontevedra CF 115 (2)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 16 de maio de 2022.
editar datos en Wikidata ]

Víctor Vázquez Rosales, máis coñecido como Churre, nado en Marín o 17 de outubro de 1989, é un futbolista galego, que xoga de defensa no Pontevedra CF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dunha familia de churreiros, de onde lle ven o seu alcume,[1] comezou a xogar ao fútbol no Porvir CF de Marín e máis tarde na Agrupación Xuvenil Lérez, chegando ao Celta de Vigo no seu segundo ano de xuvenil.[2][3] Debutou co Celta B o 16 de marzo de 2008 fronte ao Marino de Luanco,[4] e tras un ano cedido no Portonovo SD na 2008/09, volveu para xogar no Celta de Vigo B as seguintes tres campañas en Segunda División B e outra máis en Terceira tras o descenso do conxunto celeste. Durante eses anos no filial, onde foi capitán, xogou tamén catro partidos oficiais co primeiro equipo do Celta, daquela en Segunda. O seu debut produciuse o 6 de xaneiro de 2010 en oitavos de final da Copa do Rei ante o Villareal CF en Balaídos, con resultado de empate a 1-1, disputando os 90 minutos no lateral dereito.

Na tempada 2013/14 fichou polo Racing de Ferrol,[5] co que disputou cinco campañas na Segunda B, xogando 170 partidos ata o descenso na tempada 2017/18. No verán de 2018 asinou por unha tempada polo Pontevedra CF,[6] e despois de ser o xogador de campo con máis minutos do equipo durante a tempada, o seu contrato foi renovado por dous anos máis.[7] Titular indiscutible, na tempada 2021/22 conseguiu o ascenso á Primeira División RFEF, despois de se proclamar campión do Grupo I da Segunda RFEF.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Ano PX Goles
RC Celta B Segunda B 2007-2012 100 3
RC Celta de Vigo Segunda 2009–2012 4 0
RC Celta B Terceira 2012–2013 41 5
Racing de Ferrol Segunda B 2013–2018 170 4
Pontevedra CF Segunda B 2018–act 66 0

Palmarés[editar | editar a fonte]

Pontevedra

Notas[editar | editar a fonte]

  1. G.G., Xurxo (7 de setembro de 2018). "Futbolista, pero sin olvidar sus orígenes" (en castelán). Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  2. "Hugo Mallo coincidió con Víctor hace años en el Porvir de Marín". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xaneiro de 2010. Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  3. "Víctor Vázquez" (en castelán). Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  4. "Marino de Luanco - Celta de Vigo B". bdfutbol.com. Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  5. Meizoso, María (24 de xullo de 2013). "«Es un orgullo vestir esta camiseta»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  6. Prieto, Cristina (11 de xullo de 2018). ""Churre" jugará en el Pontevedra". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  7. G.G., Xurxo (1 de xullo de 2020). "El Pontevedra busca compañero para Churre". Diario de Pontevedra. Consultado o 13 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]