Chueca, Madrid
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | |||
| Concello | Madrid | |||
| Distrito | Centro | |||
| Barrio administrativo | Justicia | |||
Chueca é unha zona do barrio de Justicia, no distrito Centro da cidade española de Madrid. Carece de entidade administrativa. Recibe o seu nome da praza de Chueca e da estación de metro de Chueca, ambas dedicadas ao compositor Federico Chueca. Limita ao norte coa rúa de Fernando VI, ao sur coa Gran Vía, ao leste coa rúa del Barquillo e ao oeste coas rúas de Hortaleza e Fuencarral.[1] A finais do século XX, converteuse no barrio da comunidade gai de Madrid.[2][3]
Na década de 1980, algúns dos primeiros establecementos dirixidos á comunidade LGBTIQ+ de Madrid abriron na zona (Café Figueroa, Black & White, Sachas e a libraría Berkana), e gradualmente transformouse dun espazo marxinalizado no carácter aberto e cosmopolita que lle valeu ao barrio recoñecemento internacional polo seu atractivo cultural, sen perder parte do seu encanto tradicional orixinal.[4]
Comercialmente, o barrio era coñecido polas súas tendas de equipos de son ("Calle del Barquillo, Calle del Sonido") e as súas tendas outlet de calzado (rúa Augusto Figuero), aínda que a xentrificación reduciu o número deste tipo de tendas.
A zona tamén inclúe a praza del Rey e a praza de Pedro Zerolo. Un dos maiores eventos turísticos anuais de Chueca é a celebración do Orgullo Gai, que se celebra todos os anos a principios do verán.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Barrio de Chueca Todo sobre Madrid
- ↑ "Barrio de Chueca". Conocer Madrid. Consultado o 27 de xuño de 2016.
- ↑ Rivas, Rosa (1 de xullo de 2009). "Los pioneros de Chueca". Diario El País. Consultado o 27 de xuño de 2016.
- 1 2 «Ana Botella amenaza con sacar el Orgullo Gay de Chueca» Público. Consultado el 1 de xuño de 2012
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Diversidade sexual |

