Chrysi, Grecia
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Grecia | |||
Administracións descentralizadas | Administración descentralizada de Creta | |||
Periferias | rexión de Creta | |||
Prefecturas | Lasíti (pt) | |||
Concello | Ierapetra Municipality (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 2 (2011) (0,42 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 4,743 km² | |||
Medición | 1 () × 5 () km | |||
Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
Altitude | 31 m | |||
Chrissi (grego: Χρυσή, "ouro", tamén Γαϊδουρονήσι - Gaidouronisi "illa burricán") é unha illa grega deshabitada aproximadamente 15 km ao sur de Creta preto de Ierapetra no mar de Libia. Aproximadamente a 700 m ao leste da illa está a illa de Mikronisi. Administrativamente estas illas atópanse dentro do municipio Ierapetra en Lasithi.
Turismo
[editar | editar a fonte]É posible visitar Chrissi por mar desde Ierapetra e desde Myrtos. Hai unha praia nudista na costa norte da illa. O punto máis alto da illa chámase Kefala ("cabeza") e ten unha altitude de 31 m sobre o nivel do mar. Na parte occidental da illa atópase a capela de San Nicolás (estimase a data no século XIII). Tamén hai un salar, un antigo porto, algunhas ruínas minoicas, un faro e un cemiterio romano. Debido ás augas pouco profundas ao redor de Chrissi, o snorkel e o mergullo son dous pasatempos populares. As baías Belegrina, Hatzivolakas e Kataprosopo teñen unha ampla diversidade de cunchas.
É posible chegar á illa desde Ierapetra entre mediados de maio e finais de outubro.
Protección do medio ambiente
[editar | editar a fonte]Chrissi está protexida como "área de intensa beleza natural". A illa ten o maior bosque natural de Juniperus macrocarpa en Europa. Non hai auga potable na illa. A maioría das árbores teñen unha idade media de 200 anos cunha altura media de 7 m, algunhas das árbores de 300 anos de idade teñen 10 m de altura. A densidade é aproximadamente 28 árbores por hectárea.[1]
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Natura 2000 site GR 4320003 Arquivado 27 de setembro de 2011 en Wayback Machine. (Grego)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chrysi, Grecia |