Christy Moore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaChristy Moore

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de maio de 1945 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Newbridge, Irlanda (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIrlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónNewbridge College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , guitarrista , músico , compositor de cancións , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1969 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Planxty (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica celta Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsLuka Bloom (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webchristymoore.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: officialchristymoore Twitter: christymoore45 Youtube: UCMj0eFkv6XlxOrc77NSgI6A Spotify: 3Ebn7mKYzD0L3DaUB1gNJZ iTunes: 16670131 Musicbrainz: f931ccfa-5c64-4bee-94c0-32fb1a6876c3 Songkick: 48891 Discogs: 290085 Deezer: 3417 Editar o valor em Wikidata

Christopher Andrew "Christy" Moore, nado en Newbridge, no condado de Kildare, Irlanda, o 7 de maio de 1945,[1] é un cantante folk irlandés, compositor e guitarrista. É un dos membros fundadores de Planxty e Moving Hearts. O seu primeiro álbum, Paddy on the Road foi gravado con Dominic Behan en 1969. En 2007, foi nomeado como o músico vivente máis grande de Irlanda nos People of the Year Awards de RTÉ.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vida temperá[editar | editar a fonte]

Comezou traballando nun banco. Durante unha folga, en 1966, que durou doce semanas, marchou a Inglaterra e abandonou o banco. "Tiven un tempo salvaxe e marabilloso en Inglaterra, sen director de banco que ollase sobre o meu ombro" afirmou nunha ocasión. Despois, tivo varios traballos temporais e comezou a frecuentar os clubs folks e os pubs de música irlandeses coñecendo a Seamus Ennis, Margaret Barry, Luke Kelly, Martin Byrnes e moitos outros músicos tradicionais.[3] Cando o trío de canto irlandés The Grehan Sisters, con quen Moore trabara contacto anteriormente, se mudou de Dublín ao norte de Inglaterra, en 1967, botáronlle unha man a Moore dándolle algunhas colaboracións nos seus concertos. Fixo o seu debut no Wellgreen Folk Club en Manchester o 4 de maio de 1967.[4]

Carreira musical[editar | editar a fonte]

No 1968, retornou a Irlanda comezando no circuíto de concertos. En 1973, produciuse o seu primeiro lanzamento importante, Prosperous, que reuniu aos catro músicos que pouco despois formarían Planxty: Liam O'Flynn, Andy Irvine e Dónal Lunny e el mesmo. Durante un tempo, chamáronse a si mesmos "CLAD", un acrónimo dos seus nomes, mais pronto mudárono a Planxty.[3]

En 1975, abandonou Planxty e continuou a súa carreira en solitario, retornando de cando en vez á súa vella banda, feito que repite en ocasións. En 1980, creou a banda Moving Hearts con Lunny e outros cinco outros músicos. En 1987 lanzou "Ride On" no que aparece a popular canción "Viva la Quinta Brigada", en homenaxe aos irlandeses comprometidos co bando republicano na guerra civil española.[4] Tamén, en 1987 apareceu en Gay Byrne's The Late Late Show actuando xunto con The Dubliners polo seu vixésimo quinto aniversario. En 2000, publicou a súa autobiografía, One Voice.[3]

O anterior estilo de vida Moore tivo consecuencias sobre a súa saúde. Os problemas co alcol e as posteriores operacións cardíacas tiveron como consecuencia que a finais da década de 1990, tivera que aminora-la carga de traballo por consello médico.[3] Precisamente, algunhas das súas composicións están fortemente influídas pola bebida e os seus efectos, sendo un bo exemplo a canción "Delirium Tremens".

O 17 de abril de 2009, Moore lanzou o seu novo álbum de estudio en catro anos, titulado Listen, e promocionouno cunha xira de concertos.[5]

En decembro de 2011, Moore lanzou o álbum Folk Tale. O seguinte, titulado Where I Come From foi lanzado en novembro de 2013 e contén unha nova canción de protesta titulada "Arthur's Day". O álbum chegou ao número tres nas listas de álbums irlandeses.[6] En novembro de 2017, lanzou On the Road e, o máis recente Magic Nights, foi editado en novembro de 2019.

Postura político e social[editar | editar a fonte]

É coñecida postura de Moore a prol do republicanismo irlandés de esquerda malia que a súa nai foi concelleira e candidata parlamentaria por Kildar polo Fine Gael.[7] Apoiou ao manifestantes republicanos de H-Block cos álbums H-Block en 1978, cuyo lanzamiento foi evitado pola policía e The Spirit of Freedom.[8] Tamén ten gravado cancións a prol da folga de fame de Bobby Sands, incluyendo "Back Home in Derry", baseada na canción de Gordon Lightfoot "The Wreck of the Edmund Fitzgerald". En 1987, deixou de apoiar as actividades militares do IRA como consecuencia das bombas de Enniskillen.[9]

Entre as cancións de temática política que interpretou ao longo da súa carreira, destacan "On the Blanket" de Mick Hanly sobre as protestas dos prisioneiros republicanos; "Viva la Quinta Brigada", sobre os irlandeses que loitaron na Guerra civil española contra Franco e "Minds Locked Shut" sobre o Domingo sanguento en Derry.

Moore ten respaldado unha ampla lista de causas de esquerda que van dende O Salvador até Mary Robinson nas eleccións presidenciais de 1990.[3] No Festival de Glastonbury en 2005, cantou sobre a activista solidaria pro-Palestina Rachel Corrie. Apoiou o movemento antinuclear en Irlanda tocando en moitos concertos e festivais en Carnsore Point.

Cancións prohibidas[editar | editar a fonte]

"They Never Came Home" é unha canción sobre o incendio, en 1981, da discoteca Stardust onde 48 persoas morreron. A canción foi gravada no álbum de Ordinary Man e lanzada como cara B nun sinxelo en 1985. A canción conseguiu unha gran notoriedade cando Moore foi levado aos tribunais por queixas do prexuízo causado a un caso xudicial que determinaba as compensacións. A canción afirmaba "centos de nenos resultaron feridos e mutilados, e todo porque as saídas de emerxencia estaban encadeadas". O álbum foi retirado das tendas e Moore tivo que paga-las costas. Posteriormente, gravou "Another Song is Born" para o novo lanzamento do disco. "They Never Came Home" apareceu máis tarde na súa caixa e no disco Where I come from.[10][11]

Estilo musical[editar | editar a fonte]

O seu estilo como cantante solitario componse de ritmos con guitarra e bodhrán así como baladas lentas.

Familia[editar | editar a fonte]

Barry o irmán de Moore, cuxo nome artístico é Luka Bloom, é tamén un exitoso cantante e compositor.[12] O seu sobriño, Conor Byrne, é tamén un talentoso frautista tradicional e intérprete de tin whistle, aparece con Christy no seu álbum Wind Dancer .

Acontecementos memorables[editar | editar a fonte]

Incidente de detención, 2004[editar | editar a fonte]

En outubro de 2004, Moore foi detido por axentes da Rama Especial no porto galés de Holyhead, levárono a unha oficina e foi interrogado sobre as letras das súas cancións.[13][14] O día seguinte, emitiu un comunicado no que afirmaba: "O luns pasado, o meu condutor e mais eu fomos detidos e retidos durante dúas horas en Holyhead baixo a Prevention of Terrorism Act 2002 (en galego, Lei de Prevención do Terrorismo de 2002). Estivemos en dúas salas de interrogatorio. Atopei a experiencia moi ameazante. Preguntáronme sobre o contido do meu maletín". A pesar de iniciais informes sospeitosos, a furgoneta do cantante, que estaba chea de equipamento musical, non foi rexistrada. "Preguntáronme sobre as letras das cancións, fixéronme moitas preguntas de cuestións persoais sobre membros da miña familia, dos meus fillos e sobre o meu fogar. En ningún momento, me deron ningunha explicación sobre a causa da detención nin do interrogatorio", engadiu. Dixo que tiña unha sensación de tristura porque pensaba que "este tipo de comportamento crra aos irlandeses que viaxjaban ao Reino Unido era cousa do pasado".[13] Tiña a esperanza de tratar este asunto fóra do dominio público pero, dado que se converteu en noticia, sinto a necesidade de ofrece-la miña versión deste asunto. Atopei toda a situación bastante aterradora".[15]

Desert Island Discs[editar | editar a fonte]

En xuño de 2007, Moore foi invitado a un programa de radio da BBC Desert Island Discs.[9] Seleccionou principalmente música folk irlandesa que lle inspiraba e falou de asuntos persoais e políticos que influíron na súa vida.

Penguin Book of Irish Poetry[editar | editar a fonte]

Unha canción escrita en 2010, "Lisdoonvarna" entrou no Penguin Book of Irish Poetry [16]

Oxegen[editar | editar a fonte]

O domingo 10 de xullo de 2011, Moore uniuse a Coldplay no escenario do Festival Oxegen 2011, interpretando a canción "Ride On".

Obra[editar | editar a fonte]

Autobiografía[editar | editar a fonte]

  • (2000) One Voice

Discografía[editar | editar a fonte]

En solitario[editar | editar a fonte]

  • (1969) Paddy on the Road
  • (1972) Prosperous
  • (1975) Whatever Tickles Your Fancy
  • (1976) Christy Moore
  • (1978) The Iron Behind the Velvet
  • (1978) Live in Dublin
  • (1980) H Block
  • (1981) Christy Moore and Friends
  • (1983) The Time Has Come
  • (1984) Ride On
  • (1985) Ordinary Man
  • (1986) The Spirit of Freedom
  • (1987) Unfinished Revolution
  • (1989) Voyage
  • (1991) Smoke & Strong Whiskey
  • (1993) King Puck Nº 2
  • (1994) Live at the Point Nº 1
  • (1996) Graffiti Tongue Nº 2
  • (1999) Traveller Nº 1
  • (2001) This is the Day Nº 1
  • (2002) Live at Vicar Street Nº 1
  • (2005) Burning Times Nº 3
  • (2006) Live at the Point 2006 Nº 1
  • (2009) Listen Nº 1
  • (2011) Folk Tale
  • (2013) Where I Come From
  • (2016) Lily Nº 3
  • (2017) On the Road Nº 1
  • (2019) Magic Nights Nº 2
  • (2019) Magic Nights on the Road Nº 9

Con Planxty[editar | editar a fonte]

  • (1972) Planxty
  • (1973) The Well Below the Valley
  • (1974) Cold Blow and the Rainy Night
  • (1979) After The Break
  • (1980) The Woman I Loved So Well
  • (1983) Words and Music
  • (2004) Live 2004 CD/DVD
  • (2016) Between the Jigs and the Reels: A Retrospective CD/DVD

Con Moving Hearts[editar | editar a fonte]

  • (1982) Dark End of the Street

Álbums recompilatorios[editar | editar a fonte]

  • (1980) High Kings of Tara [Planxty & varios artistas]
  • (1984) Nice 'n Easy
  • (1984) Aris
  • (1988) Christy Moore
  • (1991) The Christy Moore Collection 1981–1991
  • (1997) Christy Moore Collection Part 2 Nº 4
  • (2004) The Box Set 1964–2004 Nºº 2

Filmografía[editar | editar a fonte]

Vídeo[editar | editar a fonte]

  • (1995) Christy, 54 mins – Aparece reflectida a súa vida e a carreira musical.

DVD's[editar | editar a fonte]

  • (2001) Christy Moore Uncovered; 104 mins – coa colaboración de Jimmy McCarthy, Wally Page, Shane McGowan, Sinéad O'Connor e John Spillane.
  • (2004) Live 2004 (Planxty DVD); o reencontro dun grupo moi poular tras unha paréntese de vinte anos.
  • (2006) Christy Moore Live in Dublin 2006; 143 mins – Primeira vez que se grava un concerto en directo e se lanza fóra do sistema CD. Foi filmado durante 4 noites en decmbro de 2005 e xaneiro de 2006.
  • (2009) Christy Moore's Come All You Dreamers – Live at Barrowland (2009) – Filmed in Barrowland in Glasgow featuring Declan Sinnott.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. cegas (9 de abil de 2011). "Christy Moore". last.fm. Consultado o 20 de xullo de 2020. 
  2. Ó Riagáin, Colm; Duffy, Dara (30 de abril de 2008). "Padraig Harrington And Christy Moore Honoured At People Of The Year Awards". rehab.ie (en inglés). Archived from the original on 30 de abril de 2008. Consultado o 20 de xullo de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Moore (2000)
  4. 4,0 4,1 "Biographie de Christy Moore". guide-irlande.com (en francés). Consultado o 20 de maio de 2020. 
  5. "Listen Its Christy Moore". irishmusicmagazine.com (en castelán). 30 de marzo de 2009. Consultado o 20 de xullo de 2020. 
  6. "Christy Moore – Music Charts". Acharts.us (en castelán). Consultado o 20 de xullo de 2020. 
  7. "19th Dáil General Election: 18 June 1969". electionsireland.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07-09-2007. Consultado o 20-7-2020. 
  8. "Discografía". christymoore.com (en inglés). Consultado o 20-7-2020. 
  9. 9,0 9,1 "Desert Island Discs. Christy Moore". bbc.co.uk (en inglés). 17 de xuño de 2007. Consultado o 20 de xullo de 2020. 
  10. "The Story of Christy Moore and the Stardust Song". 2 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2020. Consultado o 20 de xullo de 2020. 
  11. Moore (2000), p.168
  12. Redacción (21 de agosto de 2009). "Christy Moore & Luka Bloom play joint gig!". hotpress.com (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  13. 13,0 13,1 Melia, Paul (22 de outubro de 2004). "Christy Moore 'frightened' by detention at Holyhead". The Independent (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  14. Redacción (22 de outubro de 2004). "Irish singer's port quiz anger" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  15. Redacción. "CHRISTY MOORE AND PLANXTY". irishmusicdaily.com (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  16. Fear an Ti (13 de setembro de 2010). "‘Lisdoonvarna’ makes top poetry collection". ramblinghouse.org (en inglés). Archived from the original on 23 de febreiro de 2014. Consultado o 20 de xuño de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]