Christopher Ferguson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Christopher Ferguson
Christopher Ferguson 2011.jpg
Datos persoais
Nacemento1 de setembro de 1961
LugarFiladelfia
Actividade
MisiónsSTS-115, STS-135 e STS-126
Tempo no espazo40,42 días
PremiosDistinguished Flying Cross (Estados Unidos), Lexionario da Lexión do Mérito e Medalla do Aire
editar datos en Wikidata ]

Christopher J. "Fergy" Ferguson, nado en Filadelfia o 1 de setembro de 1961, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-115, STS-135 e STS-126.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ferguson graduouse en enxeñería mecánica pola Universidade Drexel en 1984 e é máster en enxeñería aeronáutica Escola Naval de Posgraduados en 1991. Entrou en servizo na Mariña Estadounidense en 1986, servindo no portaaeronaves USS Forrestal ata que en 1995 entrou como instrutor na Escola Naval de Pilotos de Proba.[1][2]

Foi seleccionado pola NASA como astronauta en agosto de 1998, participando nas misións STS-115, STS-135 e STS-126 e pasando un total de 40,42 días no espazo. Retirouse da NASA en decembro de 2011.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "Ferguson, Christopher John" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (decembro de 2011). "CHRISTOPHER J. FERGUSON (CAPTAIN, USN, RET.)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]