Christophe Joseph Marie Dabiré
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de agosto de 1948 Alto Volta Francés |
| Primeiro ministro de Burkina Faso | |
| 24 de xaneiro de 2019 – 8 de decembro de 2021 (despedimento) ← Paul Kaba Thieba – Lassina Zerbo → | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Lomé Universidade de Bordeos Universidade de Lille |
| Actividade | |
| Ocupación | economista, político, ministro |
| Partido político | Congreso pola Democracia e o Progreso |
Christophe Joseph Marie Dabiré, nado en 1948, é un político de Burkina Faso que dende o 24 de xaneiro de 2019 é o Primeiro ministro do país. Foi nomeado para o cargo de Primeiro Ministro polo presidente Roch Marc Christian Kaboré trala renuncia de Paul Kaba Thieba e o seu gabinete. O 8 de decembro de 2021, o presidente Roch Marc Christian Kaboré cesou as funcións do seu primeiro ministro Christophe Marie Joseph Dabiré, autor dunha "carta de dimisión", que resultou automaticamente na de todo o goberno.
Dabiré representara anteriormente a Burkina Faso na Unión Económica e Monetaria de África Occidental, e pasou a ser ministro do expresidente Blaise Compaoré.[1][2]
Dabiré desempeñouse baixo o goberno de Thomas Sankara como Director de Estudos e Proxectos no Ministerio de Economía e Planificación de 1984 a 1988, cando se converteu no Director Xeral de Cooperación no Ministerio de Economía e Planificación. Ocupou este cargo até 1992.[2]
En 1992, Dabiré dirixiu o Departamento de Saúde, até 1997 cando foi responsable do Departamento de Educación Secundaria, Educación Superior e Investigación Científica de Burkina Faso, un cargo que ocuparía até o ano 2000. Durante ese tempo, foi membro da Asemblea Nacional de Burkina Faso como deputado do Congreso pola Democracia e o Progreso. Despois de ser reelixido como parlamentario da Asemblea Nacional en 2002, Dabiré cumpriu outro mandato de cinco anos que expirou en 2007.[2][1]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Burkina Faso: Christophe Joseph Marie Dabiré is new PM". 21 de xaneiro de 2019.
- 1 2 3 "La biographie du nouveau chef du gouvernement, Son Excellence Christophe Joseph Marie DABIRE - Bienvenue sur le site Officiel du Premier Ministère du Burkina Faso". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2019. Consultado o 09 de abril de 2019.
| A Galipedia ten un portal sobre: Burkina Faso |
