Christina Onassis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaChristina Onassis

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de decembro de 1950 Editar o valor em Wikidata
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte19 de novembro de 1988 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Tortuguitas, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeGrecia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa de Grecia Editar o valor em Wikidata
EducaciónQueens' College (Londres) (pt) Traducir
Headington School (pt) Traducir
St George's School in Switzerland (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresaria , socialité Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua grega e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeThierry Roussel (pt) Traducir (1984–1987)
Alexandros Andreadis (en) Traducir
Joseph R. Bolker (en) Traducir
Sergei Kauzov (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosAthina Roussel (pt) Traducir
 () Thierry Roussel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAristóteles Onassis Editar o valor em Wikidata  e Athina Livanos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAlexander Onassis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesCaroline Bouvier Kennedy (pt) Traducir (stepsister (en) Traducir)
John F. Kennedy (pt) Traducir (stepbrother (en) Traducir)
Arabella Kennedy (pt) Traducir (stepsister (en) Traducir)
Patrick Bouvier Kennedy (pt) Traducir (stepbrother (en) Traducir)
John Spencer-Churchill, Earl of Sunderland (en) Traducir (stepbrother (en) Traducir)
Jamie Spencer-Churchill, Marquês de Blandford (pt) Traducir (fillastro)
Henrietta Spencer-Churchill (pt) Traducir (fillastra) Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Onassis-3 Find a Grave: 9453 Editar o valor em Wikidata

Christina Onassis Livanos (Χριστίνα Ωνάση), nada en Nova York o 11 de decembro de 1950 e finada en Bos Aires o 19 de novembro de 1988, foi unha empresaria, socialite e herdeira da fortuna Onassis, filla máis nova de Athina Livanos e do magnate grego Aristóteles Onassis.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Christina Onassis, única filla do magnate navieiro grego Aristóteles Onassis e a súa primeira esposa Athina Livanos, naceu na cidade de Nova York no sanatorio LeRoy. O seu avó materno era Stavros G. Livanos, fundador do imperio navieiro Livanos. Christina tiña un irmán máis vello, Alexander e ambos foron criados e educados en Francia, Grecia e Inglaterra.[1] En concreto, formouse na escola Headington de Oxford e no Queen's College de Londres, entre 1968 e 1969.[2][3]

Os pais de Onassis divorciáronse en 1960, debido á relación do seu pai coa cantante de ópera Maria Callas. Máis tarde, en 1968, casou coa ex primeira dama dos Estados Unidos, Jacqueline Kennedy, viúva do presidente John F. Kennedy. Segundo parece, Christina e Alexander desconfiaban de Kennedy e nunca a aceptaron. Pola súa banda, a nai de Christina, Athina, casou con Stavros Niarchos en 1971.[1]

No prazo de 29 meses, Onassis perdeu toda a súa familia inmediata. O seu irmán, Alexander, morreu nun accidente de avión en Atenas en 1973, unha morte que desolou tod a familia. A súa nai morreu por unha sobredose de drogas en 1974, deixando a Christina 77 millóns de dólares en inmobles. Trala morte de Alexander, a saúde do seu pai comezou a deteriorarse, e morreu en marzo de 1975. Despois de perder o seu pai, Christina renunciou á súa cidadanía estadounidense e doou ao Hospital Americano de París a parte estadounidense das súas participacións na compañía do seu pai. Polo contrario, mantivo a dobre cidadanía grega e arxentina ao longo de toda a súa vida.[4][5][6]

Carreira[editar | editar a fonte]

Trala morte de Alexander, Aristóteles Onassis comezou a preparar a súa filla para facerse cargo da empresa familiar, polo que foi enviada a Nova York para traballar na súa oficina. Cando morreu o seu pai, Christina herdou o 55 % da súa fortuna, estimada nese momento en cincocentos millóns de dólares. O 45 % restante foi financiado por unha fundación establecida en memoria de Alexander, e Jacqueline Kennedy Onassis recibiu tamén 26 millóns de dólares do patrimonio. Christina centrara a atención do seu pai nos seus últimos anos. El considerábaa a súa sucesora e adestrouna con éxito nas operacións comerciais do imperio de negocios Onassis. En efecto, trala morte do seu pai, o imperio navieiro continuou a funcionar de xeito eficaz.[7]

Onassis recibiu considerable atención dos medios de comunicación debido ao seu luxoso estilo de vida, os seus hábitos de consumo e a súa turbulenta vida persoal. A pesar da súa riqueza, adoitaba ser infeliz por culpa das súas continuas batallas contra o sobrepeso e pola súa incapacidade de atopar un amor duradeiro. Toda a súa vida fixo dietas para perder grandes cantidades de peso, mais, cando volvía recuperalo, entraba en frecuentes depresións. Diagnosticada con depresión clínica aos trinta anos de idade, prescribíronlle barbitúricos, anfetaminas e pílulas para durmir.[1] Onassis converteuse en adicta e foi hospitalizada por unha sobredose de somníferos na década de 1970.[8]

Pasamento[editar | editar a fonte]

O 19 de novembro de 1988, aos 37 anos, o corpo de Onassis foi atopado pola súa gobernanta na bañeira dunha masión do Club de Campo Tortugas, en Bos Aires, propiedade da súa íntima amiga Marina Dodero, a quen fora visitar.[4] No momento do seu falecemento, a súa filla Athina Roussel estaba en Suíza co seu pai e a súa madrasta. A autopsia non achou evidencia de suicidio, sobredose de drogas ou crime, e ditaminou que Onassis morrera dun un ataque ao corazón, causado por un edema agudo de pulmón.[5][9][10] Realizouse un funeral privado, de rito ortodoxo grego, o 20 de novembro nunha capela de Skorpios, illa privada propiedade da súa familia. Os seus restos descansan no cemiterio da illa, xunto cos do seu pai e do seu irmán.[11]

Onassis deixou á súa única filla, Athina, toda a súa fortuna, estimada en 2500 millóns de dólares no momento do seu falecemento. Athina foi criada en Suíza polo seu pai e a súa esposa, e obtivo o control da metado do patrimonio ao cumprir dezaoito anos.[12]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Voda de Christina Onassis e Sergei Kauzov o 2 de agosto de 1978

Onassis tivo catro matrimonios, todos acabados en divorcio. Casou co seu primeiro marido, o promotor inmobiliario Joseph Bolker, aos 20 anos en 1971. Bolker era un pai divorciado de catro fillos, 27 anos máis vello ca ela. Segundo as crónicas da época, o seu pai desaprobaba a relación e fixo presión para que se divorciase del. O matrimonio durou só nove meses.[5]

O seu segundo marido foi un rico herdeiro grego, Alexander Andreadis, co que casou pouco despois da morte do seu pai en 1975. Divorciáronse logo de catorce meses.

O terceiro marido de Onassis foi un axente navieiro de Rusia, Sergei Kauzov, co que casou en 1978. A parella divorciouse o ano seguinte.

O seu cuarto e último matrimonio foi co empresario francés Thierry Roussel e tivo lugar en 1984. Xuntos tiveron unha filla, Athina, en 1985.[5] Divorciáronse despois de que Onassis descubrira que, durante o matrimonio, Roussel tivera un fillo coa súa amante, a modelo sueca Marianne "Gaby" Landhage.[9]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

A cantante estadounidense Patty Griffin dedicou a canción "Christina" a Onassis. O cantautor español Joaquín Sabina tamén lle dedicou unha canción, titulada "Pobre Cristina", que apareceu no seu álbum de 1990 Mentiras Piadosas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Green, Michelle (5 de decembro de 1988). "Fate's Captive: Dead at 37, Christina Onassis Leaves An Empire and Burdens She Could Never Escape to Her Daughter, Athina". People Magazine 30 (23). Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2013. Consultado o 20 de abril de 2013. 
  2. Wright, William (2000). All the Pain Money Can Buy: The Life of Christina Onassis. Simon and Schuster. p. 62. ISBN 0-743-21163-4. 
  3. "Poor Little Rich Girl – Christina Onassis". Newsweek (Newsweek, Incorporated) 86: 349. 1975. 
  4. 4,0 4,1 Destiny Prevails: My life with Aristotle, Alexander, Christina Onassis and her daughter, Athina, Paul J. Ioannidis, Livani Publishing, 2013
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Saxon, Wolfgang (20 de novembro de 1988). "Christina Onassis, Shipping Magnate, Dies at 37". The New York Times. Consultado o 22 de abril de 2013. 
  6. Bender, Marlyn (9 de xuño de 1975). "Christina gives up U.S. citizenship". The Miami News. Consultado o 22 de abril de 2013. [Ligazón morta]
  7. Gage, Nicholas (maio de 2005). "The Last Onassis". vanityfair.com. p. 2. 
  8. "Christina Onassis Dies; Investigation Ordered". latimes.com. 20 de novembro de 1988. 
  9. 9,0 9,1 Gage, Nicholas (maio de 2005). "The Last Onassis". vanityfair.com. p. 1. 
  10. de Lama, George (21 de novembro de 1988). "Onassis Died Of Natural Causes, Autopsy Reportedly Indicates". Chicago Tribune. Consultado o 10 de outubro de 2014. 
  11. Smith, James F. (21 de novembro de 1988). "'The Poor Little Rich Girl': Autopsy Held as Friends Mourn Christina Onassis". latimes. 
  12. "Onassis Heiress Turns 18, Inherits Billions". abcnews.go.com. 29 de xaneiro de 2003. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ioannidis, Paul (2015). Destiny Prevails: My Life with Aristotle, Alexander, Christina Onassis and her daughter, Athina. New York: Significance Press-paperback or kindle edition. ISBN 978-0990757474.