Christina Lilliestierna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Christina Lilliestierna
Nacemento1923
Lugar de nacementoGotemburgo
Falecemento15 de setembro de 2000 e 2000
Lugar de falecementoMarín e Galicia
NacionalidadeSuecia
Ocupaciónescritora e xornalista
Na rede
Bitraga: 78
editar datos en Wikidata ]

Christina Lilliestierna, nada en Gotemburgo en 1923 e finada en Marín o 15 de setembro de 2000, foi unha escritora e xornalista sueca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pazo de Cadro, en San Tomé de Piñeiro.

Estudou en Sigtuna e máis tarde fixo Dereito en Uppsala. Foi correspondente en París do Göteborgs Handels- och Sjöfartstidning (1951-1953) e do Aftonbladet (1960-63), entremedias traballou tamén para o Dagens Nyheter e o Vecko-Journalen (1957-60) en África do Norte, Francia e o Congo. Entre 1964 e 1967 estivo en Teherán. Estableceuse en San Tomé de Piñeiro (Marín) co seu segundo marido, vivindo no pazo de Cadro. En 1969 escribiu Leva vid världens ände, baseada na súa vida en Galicia. A novela converteuse nun éxito no seu país, e foi traducida ao galego en 1983 por Camiño Noia co título de Vivir na fin do mundo.

Casou dúas veces e tivo tres fillos: Janna e Jöran, do seu primeiro marido, Hans Flodén; e Alarik, nado en 1950, fillo de Pierre Daboval. En 1964 casou de novo co francés Jean Novial.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Sju år är nog - en roman om Algeriet (1963)
  • Vivir no fin do mundo (Leva vid världens ände, 1969)
  • Emilia - en vandrare (1975)
  • De fyra årstiderna - dikter (1976)
  • På halva vägen (1976)
  • Figur i dimma (1977)
  • Vägen till Tenès (1979)
  • Docteur, pour la première fois, nous avons parlé le même langage - une recherche commune (1979)
  • Leva vidare (1980)
  • Två systrar (1981)
  • Den stora stillheten - en saga för barn och vuxna(1982)
  • Som ett förgyllande skrin (1983)
  • Över en bro (1984)
  • Fången i Tordesillas - drottning Juanas anteckningar (1985)
  • När vinden vänder (1986)