Christian Michelsen
Peter Christian Hersleb Kjerschow Michelsen, nado en Bergen o 15 de marzo de 1857 e finado en Fana o 29 de xuño de 1925 foi un naviero e home de estado noruegués. Foi o Primeiro Ministro de Noruega entre 1905 e 1907, o primeiro trala independencia. É coñecido pola súa participación central na disolución da unión entre Noruega e Suecia en 1905, e un dos políticos noruegueses máis influentes da súa época.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Bergen, recibiu o seu nome polo seu avó, o bispo Peder Christian Hersleb Kjerschow. Era o máis vello de cinco irmáns nados nunha familia de mercadores. Michelsen asistiu á escola da catedral de Bergen. Estudou dereito na Universidade de Oslo e converteuse en avogado. Máis tarde estableceu a compañía naviera Chr. Michelsen & Co., que chegou a ser das maiores de Noruega.[2][3]
Carreira política
[editar | editar a fonte]Converteuse en membro do parlamento noruegués (Storting) en 1891, representando o Partido Liberal de Noruega. El considerábase por encima das loitas de partido e unha das súas maiores aspiracións era crear unha coalición de partidos cos conservadores. Serviu como ministro de finanzas no gabinete de Hagerup, e opúxose con forza á política de unión entre Suecia e Noruega. En marzo de 1905, Michelsen substituíu a Hagerup como primeiro ministro e converteuse inmediatamente no líder do movemento cara á disolución da unión (Unionsoppløsningen i 1905).[4]
A base formal da disolución foi o rexeitamento do rei Óscar II a aceptar as leis consulares norueguesas (Konsulatsaken). O goberno sueco insistira durante varios anos que as leis que gobernaban os asuntos estranxeiros tiñan que ser parte do acordo de unión, e polo tanto as leis consulares non podían ser asumidas polo Storting sen o consentimento do parlamento sueco (Riksdag). Os suecos estaban dispostos a aceptar a arela norueguesa de separar os asuntos consulares, pero pedían que Noruega aceptase os precedentes sobre os que funcionara a unión durante noventa anos, en concreto, que o minstro de exteriores sexa sueco. Para os noruegueses isto implicaba que os suecos tiñan un poder superior na unión. Mentres que esta supremacía existía, Noruega non esta disposta a aceptar relacións desiguais como base legal.[5]
O 27 de maio de 1905, o rei Óscar rexeitou asinar o proxecto de lei e os ministros noruegueses dimitiron en bloque. O rei non levou a cabo máis accións, probablemente consciente de que a disolución era inminente, e os políticos suecos non fixeron nada, probablemente crendo que era outra retirada norueguesa. O 7 de xuño, o Storting declarou que a causa de o rei non fose capaz de formar un novo goberno trala dimisión de Michelsen, perdera a capacidade de gobernar e polo tanto quedaba cesado como rei de Noruega. Este movemento estratéxico deu á disolución unha base legal, e foi principalmente obra de Michelsen. El sabía que o pobo noruegués, tras meses de informacións dirixidas pola prensa de xeito unánime, esta unido dunha forma pouco habitual en democracia. No referendo que demostrou o desexo de Noruega de disolver a unión, a permanencia desta só logrou 184 votos, que supuña un de cada 2000.[6]
Michelsen, a pesar de crer nunha república democrática para Noruega, aceptou que unha monarquía democrática tería moitas oportunidades de ser aceptada no estranxeiro e entre a maioría dos cidadáns noruegueses. O príncipe Carlos de Dinamarca converteuse no rei Haakon VII de Noruega tras un referendo que deu á monarquía aproximadamente un 79% dos votos.[7]
En 1906, Michelsen gañou as eleccións definidas como "por riba dos partidos", que o distanciaron rapidamente dos líderes liberais. En 1907 dimitiu, canso de rifas insignificantes entre os líderes políticos, e aceptando que os seus puntos de vista políticos foran derrotados. Jørgen Løvland continuou a obra de Michelsen, agás no desexo de manter unida a coalición, que acabou por romperse en 1908.
En política social, a etapa de Michelsen como primeiro ministro viu a aprobación da lei de 1906 sobre contribucións ao desemprego dos gobernos central e locais, que introduciu o seguro voluntario.[8][9]
En 1925, xunto co explorador polar Fridtjof Nansen e o empresario da industria Joakim Lehmkuhl, fundaron a Liga Patriótica (Fedrelandslaget).[10]
Vida privada
[editar | editar a fonte]Casou en 1881 con Johanne Benedicte Wallendahl (1861–1910).
En 1905, recibiu a Gran Cruz da Real Orde Norueguesa de St. Olav e en 1907 recibiu ademais o colar.[11]
Gamlehaugen
[editar | editar a fonte]En 1899, Michelsen comezou a construción da mansión Gamlehaugen, completada o ano seguinte. Actualmente é a residencia da familia real norueguesa e está aberta ao público.
Instituto Chr. Michelsen Institute
[editar | editar a fonte]Michelsen legou a maior parte da súa fortuna a un fondo que fixo posible o establecemento e a operación do Instituto Chr. Michelsen (CMI) para a ciencia e a liberdade intelectual. Fundado en Bergen en 1930, realiza investigacións tanto aplicadas como teóricas e ten un perfil multidisciplinar con catro grupos temáticos: dereitos humanos, democracia e desenvolvemento, paz, conflito e o estado, redución da pobreza e reforma do sector público.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Magnus A. Mardal. "Christian Michelsen". Store norske leksikon. Consultado o 10 de xuño de 2016.
- ↑ Bratberg, Terje. "Kjerschow". Store norske leksikon. Consultado o 10 de xuño de 2016.
- ↑ «Nu gjælder det at holde kjæft», by Øyvind Ask, Bergens Tidende.
- ↑ Sejersted, Francis. "Unionsoppløsningen i 1905". Store norske leksikon. Consultado o 10 de xuño de 2016.
- ↑ Mardal, Magnus A. "Konsulatsaken". Store norske leksikon. Consultado o 10 de xuño de 2016.
- ↑ Thowsen, Atle. "Chr. Michelsen, Politiker, Skipsreder, Donator". Norsk biografisk leksikon. Consultado o 10 de xuño de 2016.
- ↑ Haakon Holmboe. "Haakon 7". Store norske leksikon. Consultado o 10 de xuño de 2016.
- ↑ Mardal, Magnus A. "Jørgen Gunnarson Løvland". Store norske leksikon. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2016. Consultado o 10 de xuño de 2016.
- ↑ Growth to limits: the Western European welfare states since World War 2: Volume 4 by Peter Flora
- ↑ "Fedrelandslaget". Store norske leksikon (en noruegués). Consultado o 26 de febreiro de 2011.
- ↑ "The Order of St. Olav". Den Norske Kongehuset. Consultado o 10 de xuño de 2016.
- ↑ "Chr. Michelsen institute – Who We Are". Chr. Michelsen institute. Consultado o 10 de xuño de 2016.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Christian Michelsen |
A Galipedia ten un portal sobre: Noruega |
Predecesor: Francis Hagerup (en Christiania) e Jørgen Løvland (en Estocolmo) |
Primeiro ministro de Noruega 1905–1907 |
Sucesor: Jørgen Løvland |