Christian Ludwig Brehm
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de xaneiro de 1787 Schönau vor dem Walde |
| Morte | 23 de xuño de 1864 Renthendorf |
| Educación | Universidade de Jena Ernestinum Gotha (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | ornitólogo, coleccionista científico, párroco, coleccionista de animais, pastor, teólogo evanxélico |
| Membro de | |
| Obra | |
| Abreviatura do autor en zooloxía | Brehm |
| Arquivos en |
|
| Familia | |
| Cónxuxe | Amalia Wilhelmine Wachter (1813–) Bertha Reiz |
| Fillos | Oskar Brehm ( Alfred Edmund Brehm ( Reinhold Brehm ( |
| Pais | Carl August Brehm |
| Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |

Christian Ludwig Brehm, nado o 24 de xaneiro de 1787 e finado o 23 de xuño de 1864, foi un crego (pastor) alemán e ornitólogo. Foi o pai do zoólogo Alfred Brehm.[1]
Vida
[editar | editar a fonte]Brehm naceu en Schönau preto de Gotha o 24 da xaneiro de 1787. Estudou na Universidade de Jena para ser ordenado ministro (pastor) en Renthendorf en 1813, onde permaneceu ata a súa morte o 23 de xuño de 1864.[2] Escribiu Beiträge zur Vogelkunde (1820–22), no que se describían 104 especies de aves alemás con gran detalle,[3] e Handbuch der Naturgeschichte aller Vögel Deutschlands (1831), no que se describían 900 especies de aves.[2]
Brehm xuntou unha colección de 15.000 aves durante a súa vida, que incluían mostras conseguidas polo seu fillo, Alfred Brehm. Alfred coleccionaba estas aves procedentes do Sudán, Exipto e de toda Europa.[3] Ofreceu esta colección ao Museo Zoolóxico de Berlín en marzo de 1835 porque temía que unha tormenta destruíse a súa casa, pero a venda da colección non se concretou.[4] Despois da súa morte, a colección permaneceu no atico da súa casa, onde a descubriu Otto Kleinschmidt algúns anos despois. Kleinschmidt convenceu a Lord Rothschild de comprala en 1897; consistía en 9000 aves taxidermizadas, e a colección chegou ao seu Museo de Historia Natural de Tring en 1932. Porén, a colección volveu a Alemaña, onde foi trasladada ao Museum Koenig, localizado en Bonn.[5]
Obras
[editar | editar a fonte]- Beiträge zur Vogelkunde 3 Bde, ab Bd. 3 en colaboración con W. Schilling. Neustadt a. Orla 1820–1822.
- Lehrbuch der Naturgeschichte aller europäischen Vögel, 2 Bde. Jena 1823–1824
- Ornis oder das Neueste und Wichtigste der Vogelkunde. Jena 1824–1827, first ornithologic journal.
- Handbuch der Naturgeschichte aller Vögel Deutschlands. Ilmenau 1831.
- Handbuch für den Liebhaber der Stuben-, Haus- und aller der Zähmung werthen Vögel. Ilmenau 1832.
- Der Vogelfang. Leipzig 1836.
- Der vollständige Vogelfang.Weimar 1855.
- Die Kunst, Vögel als Bälge zu bereiten. Weimar 1842.
- Die Wartung, Pflege und Fortpflanzung der Canarienvögel. Weimar 1855, 2. ed. Weimar 1865, 3. ed. Weimar 1872, 4. ed. Weimar 1883, 5. ed.. Weimar 1893.
- Die Naturgeschichte und Zucht der Tauben. Weimar 1857.
- (with E. Baldamus, John Wilhelm von Müller & J. F. Naumann) Verzeichnis der Vögel Europa's. als Tausch-Catalog eingerichtet. Stuttgart 1852
- Monographie der Papageien oder vollständige Naturgeschichte aller bis jetzt bekannten Papageien mit getreuen und ausgemalten Abbildungen, im Vereine mit anderen Naturforscher herausgegeben von C.L. Brehm. Jena & París 1842–1855.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Troelstra, Anne S. (2017). Bibliography of Natural History Travel Narratives (en inglés). BRILL. p. 79. ISBN 978-90-04-34378-8.
- 1 2 The English Cyclopaedia: Division. Biography. 6v. and Suppl (en inglés). Bradbury, Evans. 1872. p. 312.
- 1 2 Bargheer, Stefan (2018). Moral Entanglements: Conserving Birds in Britain and Germany (en inglés). Chicago: University of Chicago Press. p. 70. ISBN 978-0-226-54396-3.
- ↑ The Ibis (en inglés). British Ornithologists' Union. 1932. p. 315.
- ↑ Stresemann, Erwin (1975). Ornithology from Aristotle to the Present (en inglés). Cambridge: Harvard University Press. p. 258. ISBN 978-0-674-64485-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Christian Ludwig Brehm |
- Páxina web que anuncia o Centro Memorial Brehm de Renthendorf, un museo na casa de Brehm, e da súa familia, inclu´ndo o seu fillo Alfred Brehm