Christian Joel
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 9 de xullo de 1999 A Habana | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Cuba | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Número deportivo | 30 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Christian Joel Sánchez Leal, coñecido simplemente como Christian Joel, nado na Habana o 9 de xullo de 1999, é un futbolista cubano que xoga na posición de porteiro. O seu equipo actual é o Sporting de Gijón da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse nas categorías inferiores de dous equipos de Langreu, o San Esteban CF de Ciaño e o Alcázar CF de Sama. Posteriormente xogou no Club Deportivo Roces e con 12 anos ingresou na estrutura de base do Sporting de Gijón. O 20 de agosto de 2017 debutou co Sporting B nun partido de Segunda División B contra o Gernika Club. Renovou o seu contrato co club asturiano en 2018 até o ano 2021.[1]
Tras xogar unha tempada como suplente de Dani Martín, o 8 de xuño de 2019 tivo lugar a súa estrea no fútbol profesional, sendo titular nun encontro de Segunda División contra o Cádiz Club de Fútbol.[2] O 27 de agosto de 2021, Christian Joel estendeu o seu contrato co club xixonés até 2026 e foi cedido ao AEK Larnaca da Primeira División de Chipre.[3]
O 19 de agosto de 2022 comezou unha nova cesión no Celta de Vigo B da Primeira Federación.[4] Foi titular do filial celeste e foi nomeado suplente de Iván Villar tras a lesión de Diego Alves; con todo, non chegou a debutar no primeiro equipo. En xuño de 2023 finalizou o seu contrato temporal co Celta e regresou ao Sporting.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É fillo de pai cubano e nai francesa.[6] Con cinco anos de idade trasladouse de Cuba a Asturias. O pai, Lorenzo Joel Sánchez, foi porteiro no FC Pinar del Río e xogou na Selección de fútbol de Cuba.[7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Christian Joel prolonga su compromiso con el Sporting" (en castelán). Sporting de Gijón. 25 de xaneiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 8 de xuño de 2019. Consultado o 8 de xuño de 2019.
- ↑ "El Cádiz desiste en El Molinón" (en castelán). Marca. 8 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2019. Consultado o 8 de xuño de 2019.
- ↑ "Christian Joel, cedido al AEK Larnaca" [Christian Joel, loaned to AEK Larnaca] (en castelán). Sporting de Gijón. 27 de agosto de 2021. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021.
- ↑ "Christian Joel, cedido al RC Celta B" (en castelán). Sporting de Gijón. 19 de agosto de 2022. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2022. Consultado o 20 de agosto de 2022.
- ↑ "El Sporting cuenta con Christian Joel tras acabar la cesión en Vigo" (en castelán). La Voz de Galicia. 13 de xuño de 2023. Consultado o 7 de xaneiro de 2026.
- ↑ "Escupen su camiseta: el ataque xenófobo contra un futbolista cubano en España" (en castelán). Diario de Cuba. 25 de febreiro de 2020. Consultado o 7 de xaneiro de 2026.
- ↑ "Christian: sangre cubana, genio de la cuenca" (en castelán). El Comercio. 8 de febreiro de 2024. Consultado o 7 de xaneiro de 2026.
- ↑ "Hijo de Tigre" (en castelán). futboldecuba. 13 de marzo de 2018. Consultado o 7 de xaneiro de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Christian Joel en BDFutbol
- Christian Joel en LaPreferente.com
- Christian Joel en Soccerway