Saltar ao contido

Christian Augé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChristian Augé
Biografía
Nacemento2 de maio de 1943
Tunisia Ferryville, Tunisia.
Morte19 de agosto de 2016 (73 anos)
Francia París, Francia.
Cargos
Presidente da
Sociedade Francesa de Numismática
Período1999  2001
AntecesorJ. Hiernard
SucesorHubert Zehnacker
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Francés.
EducaciónÉcole Normale Supérieure.
Actividade
Campo de traballoNumismática, arqueoloxía, estudos orientais.
Ocupaciónarqueólogo, numismático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCentre national de la recherche scientifique.
Membro de

Christian Augé, nado en Ferryville, Tunisia, o 2 de maio de 1943 e finado en París o 19 de agosto de 2016, foi un historiador, arqueólogo e numismático francés, que presidiu a Sociedade Francesa de Numismática.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Christian Augé naceu en Ferryville —actual Menzel Bourguiba—, Tunisia, o 2 de marzo de 1943, e cursou os seus estudos de Letras na École normale supérieure de París, onde se graduou en 1963.[1]

Desenvolveu toda a súa carreira no Centro Nacional de Investigación Científica (CNRS), unha institución da que foi director de investigación, responsable do equipo de Oriente Próximo helenístico e romano.[1] O seu interese polas culturas orientais levouno a pasar gran parte da súa vida nesa rexión do mundo. A principios da década de 2000 instalouse en Xordania para dirixir a misión arqueolóxica francesa,[2] dedicada ao santuario no centro de Petra, Qasr el-Bint, e continuou vivindo alí logo da súa xubilación, cando foi nomeado director de investigación honorario do CNRS.[3][4]

Un dos seus traballos máis salientables foi a súa contribución ao Lexicon Iconographicum Mythologiae Classicae (LIMC), para o que escribiu numerosas entradas sobre deidades orientais.[3]

Augé foi tamén un numismático notable, e contribuíu decisivamente á formación de moitos numismáticos no Líbano, en Siria e en Xordania.[4] Como tal, foi membro da Sociedade Francesa de Numismática, e un asiduo colaborador con artigos nas súas publicacións periódicas, todos eles dedicados á numismática de Siria e de Xordania.[3] Entre 1999 e 2001 foi o presidente desta sociedade.[5][6]

Augé finou en París o 19 de agosto de 2016.[3][4]

Escolma de publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos principais traballos publicados por Christian Augé ao longo da súa traxectoria:[7][8]

Monografía

[editar | editar a fonte]
  • (2000). Petra: The Rose-Red City: New Horizons (con J. M. Dentzer). Thames and Hudson. ISBN 978-0500300992
  1. 1 2 "Augé, Christian (1943-2016)". IdRef.fr
  2. Alpi, F.; Tholbecq, L. (2016). Páxina 412.
  3. 1 2 3 4 "Décès de Christian Augé, ancien président de la SFN (1943-2016)". Société française de numismatique (Sfnumismatique.fr).
  4. 1 2 3 Alpi, F.; Tholbecq, L. (2016). Páxina 411.
  5. "Les présidents de la SFN". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org).
  6. "Les présidents de la SFN depuis 1965". En Bulletin de la Société Française de Numismatique. Decembro de 2014. Nº 10. Páxinas 313-314.
  7. Linant de Bellefonds, P.; Tholbecq, L. (2017). "Bibliographie de Christian Augé (1943-2016)". En Syria. Archéologie, Art et histoire. 24. Institut Francais du Proche-Orient, Beirut. Páxinas 363-368.
  8. "Augé, Christian". Persee.fr

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Jean Hiernard
Presidente da
Sociedade Francesa de Numismática

1999-2001
Sucesor:
Hubert Zehnacker