Saltar ao contido

Christiaan Hendrik Persoon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChristiaan Hendrik Persoon

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1761 Editar o valor en Wikidata
Colonia do Cabo Editar o valor en Wikidata
Morte16 de novembro de 1836 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
París Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrave of Persoon (en) Traducir
Cemiterio do Père-Lachaise, 32 Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPaíses Baixos Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Halle-Wittenberg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMicoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánico, coleccionista de plantas, micólogo, coleccionista científico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaPers. Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Biblioteca dixital BEIC
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Perzoon-1 Find a Grave: 44171560 Editar o valor en Wikidata

Christiaan Hendrik Persoon, nado na Colonia do Cabo (Cabo de Boa Esperanza, Suráfrica) o 31 de decembro de 1761[1] e finado en París o 16 de novembro de 1836, foi un micólogo da Colonia do Cabo que foi un dos fundadores da taxonomía micolóxica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi o terceiro fillo dun inmigrante de Pomerania, Christiaan Daniel Persoon, e dunha nai holandesa, Wilhelmina Elizabeth Groenwald.[1] A súa nai morreu pouco despois de que nacese. En 1775, á idade de 13 anos, enviárono a Europa para a súa educación. O seu pai morreu un ano despois en 1776.[2]

Inicialmente foi estudante de teoloxía en Halle, mais despois cambiou os seus estudos á Medicina, que cursou en Leiden e despois en Gotinga. Obtivo o doutoramento da Deutsche Akademie der Naturforscher en Erlangen en 1799.[3]

Trasladouse a vivir a París en 1803, onde pasaría o resto da súa vida, vivindo de alugueiro no piso superior dunha casa nun barrio pobre da cidade. Aparentemente estaba desempregado, solteiro, na pobreza e facía unha vida moi solitaria, aínda que mantiña correspondencia con botánicos de toda Europa. Debido ás súas dificiultades económicas, Persoon doou o seu herbario á Casa de Orange en troco dunha adecuada pensión vitalicia.[4]

Carreira académica

[editar | editar a fonte]

A orixe do interese de Persoon pola Botánica non se coñece. A súa primeira obra foi Abbildungen der Schwämme (Ilustrations dos fungos), publicada en tres partes en 1790, 1791 e 1793. En 1794, introduciu o termo lirela (lirella) para os ascomas con sucos do lique do xénero Graphis.[5] De 1805 a 1807, publicou dous volumes da súa Synopsis plantarum,[6] unha obra popular que describía 20.000 especies de todo tipo de plantas. Mais o seu traballo pioneiro fíxoo sobre fungos, sobre os cales publicou varias obras, comezando por Synopsis methodica fungorum (1801); este foi o seu punto de partida para a nomenclatura dos Uredinales, Ustilaginales e Gasteromycetes. Persoon describiu moitas especies políporas; a maioría procedentes das súas propias recoleccións en Europa central, aínda que varias outras eran especies tropicais que lle enviaban das coleccións feitas polo botánico francés Charles Gaudichaud-Beaupré durante as súas expedicións arredor do mundo. Estes últimos fungos están entre os primeiros políporos tropicais que se describiron cientificamente.[7] En 1815, Persoon foi elixido membro correspondente da Real Academia Sueca das Ciencias.

Persoon foi un autor prolífico de novas especies de fungos, dos cales describiu formalmente 2269 ao longo da súa carreira.[8]

Recoñecemento

[editar | editar a fonte]

O xénero Persoonia, unha variedade de pequenas árbores e arbustos australianas, foi nomeada así na súa honra. A revista de filoxenia molecular e evolución fúnxica Persoonia é unha revista científica bianual sobre fungos que leva o seu nome, publicada conxuntamente polo Herbario Nacional dos Países Baixos e o Centro de Diversidade Fúnxica CBS.[9]

A abreviación Pers. utilízase para indicar a súa autoría ao citar un nome botánico.[10]

  • Duane Isely, One hundred and one botanists (Iowa State University Press, 1994), pp. 124–126.
  1. 1 2 Gorter, GJMA (1990). "The Life and Work of Christiaan Hendrik Persoon". Mycologist 4 (3): 106–107.
  2. Ainsworth, Geoffrey Clough (1962). "CHRISTIAAN HENDRIK PERSOON (1761-1836)". Nature 193: 22.
  3. de Zeeuw, R. (1939). Notes on the life of Persoon. Mycologia 31(3): 369-70.
  4. Petersen R.H. (1977). Some brief reflections on C.H. Persoon. Kew Bulletin 31(3):695-98.
  5. Mitchell, M.E. (2014). "De Bary's legacy: the emergence of differing perspectives on lichen symbiosis" (PDF). Huntia 15 (1): 5–22 [13].
  6. Synopsis plantarum (Arquivado 20 May 2011 en Wayback Machine.)
  7. Ryvarden, Leif (1973). "Type studies in the Polyporaceae–I. Tropical species described by C. H. Persoon". Persoonia 7 (2): 305–312.
  8. Lücking, Robert (2020). "Three challenges to contemporaneous taxonomy from a licheno-mycological perspective". Megataxa 1 (1): 78–103 [85]. doi:10.11646/megataxa.1.1.16.
  9. "PERSOONIA - Molecular Phylogeny and Evolution of Fungi". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2014.
  10. International Plan Names Index Pers.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]