Chris Quinn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chris Quinn
Posición Escolta
Dorsal 11, 1, 20
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 79 kg (175 lb)
Nacemento 27 de set. de 1986 (28 anos)
Luisiana Nova Orleáns, Luisiana
Carreira
Tempadas 20062013
NBA Draft 2006 / Elección: Sen draftear
Instituto Dublin Coffman (Ohio)
Universidade Notre Dame (2002–2006)
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     1 092 (4,5 pp)
Asistencias     455 (1,9 pp)
Rebotes     266 (1,1 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  • Ningún premio notable

Christopher James Quinn, nado o 27 de setembro de 1983 en Nova Orleans, Luisiana, é un ex-xogador profesional de baloncesto. Cunha altura de 1,88 metros xogaba na posición de base. Actualmente traballa como adestrador asistente dos Miami Heat.

Instituto[editar | editar a fonte]

Quinn asistiu ao Instituto Dublin Coffman en Dublin, Ohio, onde estableceu 14 récords e foi nomeado Xogador do Ano por Columbus Dispatch Agonis en 2002. Foi elixido tamén en dúas ocasións no mellor quinteto estatal do ano, xogador do ano da Ohio Capital Conference e segundo na votación do "Mr. Basketball" de Ohio no seu ano sénior. Quinn liderou ao seu equipo aos campionatos de conferencia de 2001 e 2002, ademais de proclamarse campión de distrito en dúas ocasións.

Universidade[editar | editar a fonte]

Na Universidade de Notre Dame pasou tres anos, sendo o co-capitán en dúas ocasións. Xogou 122 partidos, 80 coma titular, e fixo 11,1 puntos, 3,5 asistencias, 2,7 rebotes, 1,27 roubos e 31,3 minutos cun 44,7% en tiros de campo, 41,7% en triplas e 82,5% en tiros libres. Coma sénior, foi elixido no mellor quinteto da Big East Conference tras facer 17,7 puntos, 6,5 asistencias e 3,8 roubos por partido, liderando ao equipo en anotación, asistencias e empatado en roubos de balón. A tempada anterior foi seleccionado para disputar o Big East Academic All-Star, xogando na campaña 27 partidos e asinando 13,1 puntos, 3,2 asistencias e 2,9 rebotes. Coma sophomore os seus números foron 14,3 puntos e 3,3 asistencias por partido, e coma freshman 3,9 puntos e 1,6 rebotes, sendo seleccionado para o Big East Academic All-Star.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Despois de non ser drafteado, Miami Heat fichouno coma axente libre no verán de 2006. Na súa primeira tempada na liga, Quinn disputou 42 partidos, un deles coma titular, facendo 3,4 puntos, 1,5 asistencias e 0,7 rebotes en 9,7 minutos na pista. Quinn fixo a mellor anotación da súa traxectoria na NBA o 15 de abril do 2009 contra os Detroit Pistons, cando anotou 26 puntos. Anotou 19 dos 30 últimos puntos dos Heat naquel partido.

O 21 de xullo de 2011, fichou polo BC Khimki.[1]

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • É fillo de Chris e Susan Quinn e ten dúas irmás, Jessica e Brittany Quinn.
  • Gústalle xogar ao golf no seu tempo libre.
  • Gustaríalle ter o seu propio negocio cando se retire do baloncesto.
  • O seu restaurante favorito é Stony River.
  • Aparte do baloncesto, o fútbol americano é o deporte que máis lle apaixona, especialmente os equipos Carolina Panthers e Dallas Cowboys.
  • The Contender é o seu programa preferido.
  • Goza con toda clase de música.
  • Escolle a Barbados coma o mellor sitio que visitou.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Khimki brings back Mozgov, adds Quinn». EuroLeague.net. 21 de xullo de 2011. Consultado o 21 de xullo de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]