Saltar ao contido

Chow mein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chow mein
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
炒麵 (yue-hant) Editar o valor en Wikidata
 Prato
Características
 Método de fabricación
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
TasteAtlaschow-mein Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01npvx Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Prato de chow mein con gambas e polo

O chow mein (炒面, chǎo miàn) é un prato da gastronomía tradicional da rexión chinesa de Cantón, na parte meridional do país, que consiste en fideos feitos con fariña de trigo, verduras, carne e/ou mariscos, normalmente acompañado dun mollo de soia. Tradicionalmente chinés, este prato foi levado á América do Norte polos primeiros inmigrantes procedentes da China nos séculos XIX e comezos do XX. Hoxe é unha especialidade moi común nos Estados Unidos e o Canadá, coma tamén algures onde haxa unha grande diáspora chinesa coma o sueste asiático e a India, así coma na Illa da Reunión, Mauricio e tamén Francia.