Chongqing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Chongqing - 重庆")

Coordenadas: 29°33′30″N 106°34′00″L / 29.55833, -106.56667

Chongqing
重庆市 (en chinés)
Chongqing montage newest 2013.png
Varias imaxes da cidade
Situación xeográfica
Chongqing in China (+all claims hatched).svg
País Flag of the People's Republic of China.svg China
Rexión
Xeografía
Altitude 237 msnm
Superficie 82 403 km²
Poboación
Poboación 29 914 000 hab. (2014)
Densidade 360 hab/km²
Información
Código postal 4000 00 - 4099 00
Alcalde Huang Qifan
Páxina web cq.gov.cn/
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Chongqing[Cómpre referencia] ou Chunquin[1] (ou Chungking; 重庆 en chinés) é unha das catro municipalidades controladas directamente polo goberno central da República Popular da China, con estatuto de provincia. O concello contaba cunha poboación de 31 442 300 habitantes en 2005.

Grande parte do municipio, que ocupa unha superficie de arredor de 80.000 km² (máis de 2,6 veces a área de Galicia), é rural. A poboación da área urbana de Chongqing propio era "só" de 5 090 000 habitantes segundo datos de 2000.

Chongqing é denominado de modo simple: Yú, unha abreviación que foi aprobada polo Consello de Estado a data de 18 de abril de 1997. O nome abreviado procede dunha vella denominación de parte do río Jialing, que atravesa Chongqing e desauga no Yangtzé.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Chongqing está situada sobre o río Yangtzé, xusto sobre o comezo do enorme lago artificial creado pola retención de augas do Encoro das Tres Gargantas. A aglomeración está construída na confluencia do Yangtzé e do seu tributario o Jialing. O centro da cidade érguese sobre a península formada por ambos os dous cursos de auga.

A topografía da cidade é moi particular: Chongqing está composta en realidade de outeiros pendentes, o que a fai a única grande urbe chinesa sen de bicicletas, pois as ladeiras son demasiado ásperas. Igualmente é a única na que o paso dos ríos que a atravesan se fai por medio de teleféricos. Desde a apertura internacional de Chongqing, sobre todo desde 1997, foron construídas numerosas pontes.

Climodiagrama de Congqing

O clima da cidade é de tipo subtropical húmido, e como no resto da Asia extremo-oriental a influencia do monzón é notábel. A media de precipitacións caídas na cidade no período 1961-90 foi de 1.101 mm, pero están concentradas nos meses que van de abril a setembro. A media anual das temperaturas é de 19º C. As temperaturas son cálidas nos meses estivais; en xullo e agosto as medias máximas poden superar os 32º C e as mínimas medias non baixar de 24º C. Por contra no mes máis frío, xaneiro, as temperaturas máis altas apenas soben de 6º C, e as mínimas de 5º C.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chongqing Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]