Choly Berreteaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Choly Berreteaga
Nome completo María Esther Brañeiro
Alcume Choly Berreteaga
Nacemento 9 de outubro de 1927
  Galicia
Nacionalidade Arxentina
Ocupación presentadora de televisión e chef
Premios Premios Martín Fierro de Cable
editar datos en Wikidata ]

María Esther Brañeiro, nada en Galicia o 9 de outubro de 1927, é unha cociñeira profesional, condutora de televisión e escritora arxentina de ascendencia galega, máis coñecida como Choly Berreteaga.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Galicia, mais durante a súa infancia viviu nun casarón situado sobre a Avenida Correntes, no Barrio de Almagro. Varios dos seus irmáns faleceron novos, tamén o seu pai faleceu cando ela tiña 6 anos de idade. Tempo despois, a finais dos anos 1940, radicouse na localidade de Castelar, Partido de Morón na Provincia de Buenos Aires, xa que sufría de problemas respiratorios e esa cidade era considerada adecuada para poder enfrontar a súa doenza.[1]

Ó rematar os seus estudos secundarios, decidiu estudar cociña durante dous anos, e á súa vez foi convocada pola súa profesora para ser o seu auxiliar e substituíla nalgunhas oportunidades. En 1955 contraeu matrimonio co Vasco Berreteaga, con quen tivo mellizos en 1956, Claudia María e Luis. O seu marido falecería anos despois. Logo, tendo pequenos problemas económicos, foi profesora de gastronomía, piano e francés nunha escola estatal de Morón, onde adquiriu experiencia.

Carreira televisiva[editar | editar a fonte]

En 1963, a pedido da súa sobriña Alicia, enviou unha carta a Blanca Cotta para participar no programa Buenas tardes, mucho gusto que se transmitía por Canle 13 de Buenos Aires, na sección «Hoy colabora usted», onde preparou unha pizzonda, un pan típico de Italia recheo con xamón, touciño entrefebrado, olivas e queixo. Esta colaboración agradou moito, tanto que ós dous meses incorporouse ao elenco estable do programa. No ciclo transmitido en vivo e en directo tamén participaron Petrona Carrizo de Gandulfo, de quen foi íntima amiga, o médico Alberto Cormillot, entre outros.

O programa, con altos picos de audiencia, mantívose varias tempadas no aire até os anos oitenta. No mesmo, presentábanse persoas con algo para ensinar ou preparar en diversos eidos como a xardinaxe, costura, arquitectura, gastronomía, etc. Por moito tempo tivo ó seu cargo unha confeitaría. Ademais, traballou como cociñeira para hoteis, restaurantes e empresas gastronómicas tanto na Arxentina como no estranxeiro.

Dende 1986 traballou para o programa de televisión Utilísima. A partir de 1996, cando se crea a canle Utilísima Satelital pasou a ter o seu programa propio. En devandita canle tivo o seu programa Cocina Fácil por varias tempadas ata que o sinal foi vendido e pasou a chamarse Fox Life. En 2014, xa en Fox Life, despois de cincuenta anos de traxectoria televisiva, conduciu o seu ciclo de despedida da televisión chamado: 50 anos junto a Choly.[2]

Notas[editar | editar a fonte]