Cholpon Orozobekova
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Cholpon Orozobekova | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 17 de novembro de 1975 |
Lugar de nacemento | At-Bashi |
Nacionalidade | Kirguizistán |
Alma máter | Universidade de Xenebra |
Ocupación | xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Cholpon Orozobekova (en lingua kirguiz Чолпон Орозобекова), nada no distrito de At-Bashy (provincia de Narin) o 17 de novembro de 1975, é unha xornalista, analista e activista polos dereitos humanos kirguiz.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu nunha familia de profesores na por entón República Socialista Soviética de Kirguizistán. Estudou no instituto de Pogranichnik, vila chamada na actualidade Kazybek, en memoria de Kazybek Mambetimin-uulu. Estudou Xornalismo na Universidade Nacional de Kirguizistán. Fixo dous mestrados en Xenebra, un en negociación internacional no Graduate Institute of International and Development Studies, e outro en Seguridade Europea e Internacional na Universidade de Xenebra.
Entre 1999 e 2007, mentres vivía en Bixkek, traballou para delegacións internacionais de medios como RFE/RL, BBC ou o IWPR. En 2006 fundou o xornal en lingua kirguiz De Facto, copropiedade do seu marido Jengishbek Edigeev, e que dirixe ela.
No verán de 2008 tivo que exiliarse en Suíza por ameazas do círculo de Janybek Bakiev, irmán do por entón presidente Kurmanbek Bakiev, quen deixou o cargo en 2010 tras a revolución dos tulipáns. Traballa como analista na revista The Diplomat[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Cholpon Orozobekova". The Diplomat (en inglés).