Chipatá
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamento | Santander ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 94,17 km² ![]() | ||||
Altitude | 1.820 m ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Gonzalo Jiménez de Quesada ![]() | ||||
Creación | 1537 (Gregoriano) ![]() | ||||
Sitio web | chipata-santander.gov.co… ![]() |
Chipatá é un concello colombiano que se atopa no departamento de Santander. Atópase na Provincia de Vélez. É coñecido porque no seu territorio se celebrou a primeira misa da expedición de Gonzalo Jiménez de Quesada, o 2 de febreiro de 1537. Entre as súas festividades salienta a Festa do Millo, que se celebra no mes de outubro.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Chipatá recibe o seu nome do cacique Chipatá, e quere dicir en lingua muisca chi = "noso", pa = "pai", tá = "terras de cultivo"; "terras de cultivo do noso pai".[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]Foi o primeiro concello fundado no departamento de Santander, en 1537. Dende alí partiu Gonzalo Jiménez de Quesada cara ás poboacións do interior. Tralo seu paso polo nordeste colombiano comezou o proceso de mestizaxe entre os conquistadores europeos e as comunidades indíxenas da rexión, entre elas, os agataes e os guanes, pobo que dominaba esta zona da cordilleira oriental.
En Chipatá celebrouse a primeira misa da expedición de Gonzalo Jiménez de Quesada, o 2 de febreiro de 1537, por frei Domingo de las Casas, capelán de devandita expedición.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Espejo Olaya, Maria Bernarda (1999). Notas sobre toponimia en algunas coplas colombianas [Notes about toponomy of some Colombian ballads - Thesaurus] (PDF) (en castelán). Tomo LIV, Núm. 3. p. 1118.
- ↑ (en castelán) Official website Chipatá
- ↑ www.colombiaturismoweb.com / Chipatá. Consultado o 26 de marzo de 2020.