Manuel Gestoso Costas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Chicha I»)
Chicha
Información persoal
Nome Manuel Gestoso Costas
Lugar de nacemento Bouzas
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Rápido de Bouzas
1924–1930 Celta de Vigo
Selección nacional
1923 Galicia
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Manuel Gestoso Costas, máis coñecido como Chicha, nado en Bouzas, Vigo en 1902, e finado na mesma cidade o 27 de xullo de 1983, foi un futbolista e armador de pesca galego.

Xogaba na demarcación de dianteiro e era irmán do tamén futbolista do Celta de Vigo Antonio, ao que se coñeceu como Chicha II.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fichou polo recentemente creado Celta de Vigo, froito da fusión do Fortuna de Vigo e o Vigo Sporting, en 1924 procedente do Rápido de Bouzas.

Comezou a despuntar xa na súa primeira tempada no club celeste, destacando un encontro amigábel ante o Sporting de Gijón que remataría con vitoria viguesa por 8-1, con tres goles de Chicha e catro de Ramón Polo. Ese primeiro ano o club gañaría o seu primeiro trofeo, o Campionato de Galicia de fútbol. Ao longo da súa carreira no Celta gañaría este trofeo catro veces (1924, 1925, 1926 e 1930).

O 30 de decembro de 1928 tivo tamén a honra de participar e anotar no encontro de inauguración do Estadio Municipal de Balaídos ante o Real Unión de Irún, que rematou con vitoria celeste por 7-0.[1]

Finalmente retiraríase do fútbol profesional ao remate da tempada 1929/30, primeira do fútbol profesional moderno e na que o Celta se viu encadrado na Segunda División, pese aos bos resultados que lle daban dereito a facelo na máxima categoría. Entre estes méritos están o subcampionato da Copa do Rei acadado no ano 1908 polo Vigo Foot-ball Club, antecesor do Real Vigo Sporting Club.

1930 rematou non só co non ascenso a Primeira División senón co descenso a Terceira.

Unha vez retirado do fútbol converteuse en armador de buques de pesca en Bouzas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Stadium de Balaídos. Partido de inauguración". El Compostelano (en castelán). 31 de decembro de 1928. p. 2. Consultado o 18 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]