Chicago Coin Club
| Chicago Coin Club | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
O Chicago Coin Club (CCC; en galego "Club da Moeda de Chigado") é unha entidade asociativa e sen ánimo de lucro de carácter numismático con sede en Chicago, Illinois. Esta asociación é a sucesora directa da anterior Chicago Numismatic Society.
O CCC é membro da American Numismatic Association, da Central States Numismatic Society e da Illinois Numismatic Association. Na actualidade, o club reúnese o segundo mércores de cada mes no edificio da Chicago Bar Association, situado no número 321 de S. Plymouth Court, no distrito financeiro de Chicago,[1] e mensualmente publica un boletín baixo o título de Chatter.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]O xermolo desta entidade comezou en 1903, cando un grupo seis homes que adoitaban xuntarse para cearen no Union League Club de Chicago determinaron constituír un grupo numismático de carácter local. No informe daquela primeira xuntanza figuran como primeiros responsables da entidade William G. Jerrems como presidente, William F. Dunham como vicepresidente, Ben G. Green como secretario e bibliotecario, Enos C. Verkler como tesoureiro e Michael P. Carey como censor. Entre 1903 e 1918, este grupo utilizou a denominación de Chicago Numismatic Society ("Sociedade Numismática de Chicago").[3]
Estas primeiras reunións popularizáronse polos acontecementos que xiraron arredor da chegada a Chicago do mítico "exemplar Dexter" do dólar de 1804, extraordinariamente raro.[4]

En 1912, a entidade converteuse en sucursal número 1 da American Numismatic Asociation (ANA). Nos primeiros anos, as xuntanzas tiñan lugar no edificio do templo masónico de Chicago.[3]
A primeira reunión oficial baixo a denominación de Chicago Coin Club desenvolveuse o 14 de febreiro de 1919, coa asistencia de quince persoas.[5] A sede do club foi o hotel Sherman House ata 1930, e uns anos despois trasladouse ao hotel Atlantic. Ambos os edificios foron demolidos en 1980. O 19 de xaneiro de 1938, o Chicago Coin Club constituíuse como unha organización sen ánimo de lucro, e en febreiro do ano seguinte creouse o selo actual do club, que leva o lema en latín DOCENDO DISCIMUS ("ensinando aprendemos)".[3]
No seo daquela primeira Sociedade Numismática de Chicago descubriuse a existencia da moeda de 5 centavos Liberty Head de 1913, extremadamente rara e da que logo só se coñeceron outros catro exemplares[3] —o mellor conservado dos cales, coñecido como exemplar Elisberg, acadou nunha poxa en 2007 cinco millóns de dólares—.[6] Ao parecer, un home chamado Samuel W. Brown, que asistiu a unha reunión da sociedade o 3 de decembro de 1919, foi quen levou aquel primeiro espécime coñecido.[7]
Nunha reunión que tivo lugar en 1938 propúxose a creación dunha sociedade numismática de ámbito xeográfico superior, que abranguese toda a zona do Medio Oeste, o que deu lugar á formación doutra organización o 23 de abril de 1939, coñecida como a Sociedade Numismática dos Estados Centrais.[3][8]
O 8 de xaneiro de 1969 celebrouse o 50º aniversario do club, e a directiva encargoulle ao escultor Trygve Rovelstad a creación dunha medalla conmemorativa da efeméride. A medalla finalmente producida representaba no anverso a Aretusa de perfil ollando cara á esquerda cun casco con cabeza de aguia e o lema "I WILL". O reverso estaba composto polo logotipo do CCC dentro das seis estrelas do Hexágono Invernal xunto a Betelgeuse.[9]
En 1994, para honrar o 75º aniversario do club, o CCC emitiu unha nova medalla, en forma de placa, coñecida como "The Discoverers", da que se produciu un único exemplar de ouro, 36 de prata e 165 de bronce. O deseño inspirouse directamente na escultura de James Earle Fraser situada na sala de máquinas nororiental da Ponte DuSable.[10]
En 2019 o club celebrou o seu centenario. No marco da súa reunión número 1200 do CCC, entregóuselles aos asistentes unha medalla de latón de 2,25 x 3,5 polgadas que representa a Fonte Buckingham nunha face e a Torre da Auga de Chicago na outra.[11]
- Medalla do 50º aniversario do CCC (1969).
- Medalla do 75º aniversario do CCC (1974).
- Medalla do centenario do CCC (2019).
Presidentes
[editar | editar a fonte]Esta é unha listaxe dos presidentes da entidade desde 1913:[3][12]
Chicago Numismatic Society
[editar | editar a fonte]- 1913-14: Ben G. Green
- 1914-1914: R. Edward Davis
- 1917:1917: Theophile E. Leon
- 1918-1918: John T. Kelly
Chicago Coin Club
[editar | editar a fonte]- 1919-1919: Charles N. Hinckley.
- 1919-1927: Alden Scott Boyer.
- 1928-1928: Alexander M. Rackus.
- 1929-1932: R. Edward Davis.
- 1933-1936: J. Henri Ripstra.
- 1937-1938: William G. Rayson.
- 1939-1940: Robert L. McBrien.
- 1941-1942: Edmund E. Lamb.
- 1943-1944: Paul Pennington.
- 1945-1946: Earl F. Barger.
- 1947-1948: Ignatius T. Kopicki.
- 1949-1950: Glenn R. Ostrander.
- 1951-1952: Harry X Boosel.
- 1953-1954: Clyde L. Grimm.
- 1955-1956: Elston G. Bradfield.
- 1957-1958: Theodore F. Pokorney.
- 1959-1959: Joseph E. Merkel
- 1960-1960: Glenn B. Smedley
- 1961-1962: Hugh Mc. Knight
- 1963-1964: Michael M. Dolnick
- 1965-1966: Philip J. More
- 1967-1968: James L. Grebinger
- 1969-1970: James J. Babka
- 1971-1971: Lee F. Hewitt
- 1972-1972: James R. Budd
- 1973-1974: William A. Pettit
- 1975-1976: Charles J. Ryant
- 1977-1978: Gerda H. Birkholz
- 1979-1979: Saul B. Needleman
- 1979-1982: Richard Hartzog
- 1983-1983: Barbara Goldfreed
- 1983-1986: Saul B. Needleman.
- 1987: 1987: Gerard Anaszewicz.
- 1987-1988: Charles Ricard.
- 1989-1992: Robert Leonard.
- 1993-1996: Andrew Michyeta.
- 1997-1998: Mark Wieclaw.
- 1999-2002: Carl Wolf.
- 2003-2004: Mark Wieclaw.
- 2005-2008: Robrt Feiler.
- 2009-2012: Jeffrey Rosinia.
- 2013-2016: Elliott Krieter.
- 2017-2020: Richard Lipman.
- 2021-2022: Lyle Daly.
- 2023-2024: John Riley.
- Desde 2025: Melissa Gumm.
Membros senlleiros
[editar | editar a fonte]- Edgar Adams (1868-1940). Editor de The Numismatist (1912-1915).
- William G. Jerrems (1869-1945). Presidente da ANA (1891-1892).
- Alden Scott Boyer (1887-1953). Coleccionista e fundador do CCC.
- Aleksandras Račkus (1893-1965). Presidente do CCC en 1928.
- B. Max Mehl (1884-1957). Comerciante numismático.
- Glenn B. Smedley (1902-1987). Presidente do CCC en 1960.
- Lee F. Hewitt (1911-1987). Presidente do CCC en 1971.
- Arlie R. Slabaugh (1925-2007). Autor numismático.
- Clifford Mishler (nado en 1939). Presidente da ANA (2009-2011).
- Oscar H. Dodson (1905-1996). Presidente da ANA (1957-1961).
- Richard S. Yeoman (1904-1988). Prolífico autor numismático.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Monthly Meetings". Chicago Coin Club (chicagocoinclub.org).
- ↑ "Chatter". Chicago Coin Club (chicagocoinclub.org).
- 1 2 3 4 5 6 Wolf, C. F.; Sochon, J. (1986). "History of the Chicago Coin Club". Chicago Coin Club (chicagocoinclub.org).
- ↑ "Seven Thousand Men Have Fought For Ten Years For This Dollar". En The Inter Ocean. 13 de novembro de 1904. Páxina 5.
- ↑ "Coin Club". En Chicago Tribune. 15 de febreiro de 1919. Páxina 7.
- ↑ "Eliasberg 1913 Liberty Nickel, PCGS PR-66, Sold for $5 Million". Professional Coin Grading Service (pcgs.com). 25 de abril de 2007.
- ↑ Van Ryzin, R. R. (2020). "New Light Shed on Mysterious Past of 1913 Liberty Head Nickel". En Numismatic News. 18 de outubro.
- ↑ Lockwood, W. R. (2003). "Part 1 - 1939". Central States Numismatic Society (csns.org).
- ↑ "Chicago Coin Club 50th Anniversary Medal". Medallic Art Collector (medallicartcollector.org). 7 de xaneiro de 2017.
- ↑ James Earle Fraser. ""The Discoverers" Medal". Medallic Art Collector. Retrieved February 5, 2025.
- ↑ "CCC celebrates 100th anniversary". Numismatic News (numismaticnews.net). 10 de febreiro de 2019.
- ↑ "Presidents and Awards since 1986". Chicago Coin Club (chicagocoinclub.org).