Chicago (filme de 2002)
| Chicago | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||||||
|
Cor
| |||||||||||
| Autoría | |||||||||||
|
Director/a
| |||||||||||
|
Compositor/a
| |||||||||||
|
Guionista
| |||||||||||
|
Director/a fotografía
| |||||||||||
|
Editor/a de cine
| |||||||||||
|
Deseñador/a vestiario
| |||||||||||
|
Actores
| |||||||||||
| Temática | |||||||||||
|
Tema principal
| |||||||||||
|
Ambientado en
| |||||||||||
|
Baseado en
| |||||||||||
| Publicación | |||||||||||
|
Produtor/a
| |||||||||||
|
Produtor/a executivo
| |||||||||||
|
Compañía produtora
| |||||||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||||||
|
Recadación
| |||||||||||
|
Custo
| |||||||||||
|
Formato de distribución
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
Chicago é unha filme musical estadounidense dirixido por Rob Marshall en 2002. Baséase no musical homónimo de 1975. Explora os temas da fama, o escándalo e a corrupción en Chicago durante a era do jazz.[1] Está protagonizado por Renée Zellweger, Catherine Zeta-Jones e Richard Gere. Chicago céntrase nas historias de Roxie Hart (Zellweger) e Velma Kelly (Zeta-Jones) dúas asasinas presas que agardan polo seu xuízo no Chicago dos anos vinte. Roxie, unha esposa que quere ser artista de espectáculos, e Velma, unha estrela de vaudeville, loitan pola fama que as afaste da forca. O filme supón o inicio como director de Rob Marshall, que tamén fixo as coreografías do filme, e cuxo guión foi adaptado por Bill Condon, con música de John Kander e letra de Fred Ebb. Aclamada pola crítica, Chicago gañou seis Premios Óscar en 2003, incluíndo o premio ó mellor filme, sendo o primeiro musical en conseguilo dende Oliver! en 1968.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]En Chicago durante os anos 1920, as asasinas Roxie Hart (que asasinou o seu amante) e Velma Kelly (que matou o seu marido e a súa irmá xemelga) están dispostas a todo, a unha para evitar a pena de morte, no caso de Velma e para o mesmo e converterse nunha celebridade no caso da outra (Roxie). Para iso contarán coa axuda nada desinteresada de Billy Flynn, un dos avogados con menos escrúpulos de Chicago.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Taye Diggs - Bandleader
- Catherine Zeta-Jones - Velma Kelly
- Renée Zellweger - Roxie Hart
- Dominic West - Fred Casely
- Jayne Eastwood - Sra. Borusewicz
- Bruce Beaton - Fotógrafo policía
- Roman Podhora - Sargento Fogarty
- John C. Reilly - Amos Hart
- Colm Feore - Harrison
- Rob Smith - Fotógrafo xornal
- Shawn Wayne Doyle - Reporteiro
- Steve Behal
- Robbie Rox
- Chita Rivera - Nickie
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]| Categoría | Acode | Resultado |
|---|---|---|
| Oscar á mellor película | Gañadora | |
| Oscar ó mellor director | Rob Marshall | Candidato |
| Oscar á mellor actriz | Renée Zellweger | Candidata |
| Oscar á mellor actriz secundaria | Catherine Zeta-Jones | Gañadora |
| Oscar á mellor actriz secundaria | Queen Latifah | Candidata |
| Oscar ó mellor actor secundario | John C. Reilly | Candidato |
| Oscar ó mellor guión adaptado | Bill Condon | Candidato |
| Oscar á mellor canción | Fred Ebb por I move on | Candidato |
| Oscar á mellor fotografía | Dion Beebe | Candidato |
| Oscar ó mellor deseño de vestiario | Colleen Atwood | Gañador |
| Oscar á mellor dirección artística | John Myhre | Gañador |
| Oscar á mellor montaxe | Martin Walsh | Gañador |
| Oscar ó mellor son | Michael Minkler | Gañador |
- Mellor película (comedia ou musical)
- Mellor actor (comedia ou musical) - Richard Gere
- Mellor actriz (comedia ou musical) - Renée Zellweger
- Mellor actriz secundaria - Catherine Zeta-Jones
- Mellor son
Premios SAG
[editar | editar a fonte]- Mellor actriz - Renée Zellweger
- Mellor actriz secundaria - Catherine Zeta-Jones
- Mellor elenco
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mitchell, Elvis (27 de decembro de 2002). "Movie Review: Chicago (2002)". The New York Times. Consultado o 7 de marzo de 2014.
- ↑ Gans, Andrew; Simonson, Robert (24 de marzo de 2003). ""Chicago" Wins Oscar for Best Picture". Playbill. Consultado o 22 de setembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Chicago na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)