Chi Ta-wei
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 3 de febreiro de 1972 臺中市 |
| Educación | Universidade Nacional de Taiwán Universidade de California, Os Ánxeles |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Literatura comparada, teoría queer e homosexualidade |
| Lugar de traballo | Os Ánxeles |
| Ocupación | escritor, profesor universitario |
Chi Ta-wei (en chinés tradicional: 紀大偉; en chinés simplificado: 纪大伟; pinyin: Jǐ Dàwěi), nado o 3 de febreiro de 1972, é un escritor taiwanés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Chi Ta-wei naceu en Taichung (Taiwán) en 1972. Estudou no Departamento de Linguas e Literaturas Estranxeiras da Universidade Nacional de Taiwán. En especial, aprendeu sobre literatura angloamericana. Trasladouse aos Estados Unidos en 1999, doutorándose en Literatura Comparada pola Universidade de California, Os Ánxeles, baixo a supervisión de Shu-mei Shih. Na actualidade, é profesor de literatura taiwanesa na Universidade Nacional Chengchi, en Taipei.[1] Adoita ensinar cursos sobre representación do colectivo LGBT nas literaturas do leste asiático.
Obra
[editar | editar a fonte]Chi Ta-wei é coñecido como escritor e como especialista en literatura queer. A súa obra Tongzhi wenxueshi 同志文學史 (en galego: Historia da literatura homosexual, 2017),[2] gañadora de varios premios no eido académico,[3] é un dos libros máis completos sobre a literatura LGBT no mundo sinofalante.[4]
Xunto con Chen Xue e Qiu Miaojin, Chi é considerado un dos membros da "nova xeración de autores queer" de Taiwán.[5] A súa peza máis influente, Mo 膜 (en galego: Membranas, 1996), é unha novela curta de ciencia ficción cyberpunk. Destaca pola súa atención ao desexo queer, a subxectividade trans, ás fronteiras entre o humano e o androide, e aos efectos do cambio climático. Foi traducida a numerosos idiomas, entre eles o castelán.[6]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Ganguan shijie 感官世界 ("O mundo sensible", 1995).
- Mo 膜 ("Membranas", 1996).
- Ku'er kuanghuanjie 酷兒狂歡節 ("Entroido queer", 1997).
- Wan'an Babilun: wanglu shidai de xingyu, yiyi yu zhengzhi yuedu 晚安巴比倫:網路世代的性慾、異議與政治閱讀 ("Boas noites, Babilonia: sexualidade, disidencia e lectura política da xeración de internet", 1998).
- Lianwupi 戀物癖 ("Fetichismo", 1998).
- Tongzhi wenxueshi 同志文學史 ("Historia da literatura homosexual", 2017).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "國立政治大學台灣文學研究所-師資人員". tailit.nccu.edu.tw (en chinés). Consultado o 2025-03-03.
- ↑ "聯經出版 - 同志文學史:台灣的發明(A Queer Invention in Taiwan: A History of Tongzhi Literature)". www.linkingbooks.com.tw. Consultado o 2025-03-03.
- ↑ "2017Openbook 年度好書.中文創作》同志文學史". Openbook閱讀誌 (en chinés). 2017-11-29. Consultado o 2025-03-03.
- ↑ Chiang 2018.
- ↑ Martin 2003.
- ↑ Ana (2024-06-07). "Literatura Taiwanesa: Membranas de Chi Ta-wei". Vive Taiwán (en castelán). Consultado o 2025-03-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chiang, Howard (2018). "A Queer Invention in Taiwan: A History of Tongzhi Literature". International Journal of Taiwan Studies (en inglés) 1 (1): 229–231. ISSN 2468-8800. doi:10.1163/24688800-00101013.
- Martin, Fran (2003). "Introduction: Taiwan's Literature of Transgressive Sexuality". Angelwings: Contemporary Queer Fiction from Taiwan (en inglés). University of Hawaii Press.