Chevalier de Saint-George

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Chevalier de Saint-Georges»)
Joseph Bologne de Saint-George
Saint-Georges por Mather Brown, 1787.
Nacemento25 de decembro de 1745
 Baillif Guadalupe
Reino de Francia
Falecemento10 de xuño de 1799 (53 anos)
 París
Francia República Francesa
CausaGangrena
NacionalidadeFrancia
Instrumento(s)Violín
PaiGeorges de Bologne Saint-Georges
Na rede
IMDB: nm12843789 Musicbrainz: 65818030-2526-449b-89e2-9d562ac68bb3 Discogs: 896011 IMSLP: Category:Saint-Georges,_Joseph_Bologne WikiTree: Bologne-3 Find a Grave: 80959839 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Joseph Bologne de Saint-George, máis coñecido como Chevalier de Saint-George ou simplemente Saint-George, nado o 25 de decembro de 1745 en Baillif (Guadalupe, Francia)[1] e finado en París o 10 de xuño de 1799, foi un esgrimista, músico (violinista), compositor e director de orquestra francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Guadalupe, foi o fillo de George Bologne de Saint-Georges, un rico facendeiro, e Nanon, a súa escrava africana.[2] Durante a Revolución Francesa, Saint-Georges foi coronel da Légion St.-Georges,[3] o primeiro rexemento de soldados de "raza negra" en Europa, combatendo polo bando republicano. Chevalier de Saint-Georges é coñecido por ser o primeiro compositor clásico de ascendencia afroamericana.

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

Chevalier é unha película dramática biográfica estadounidense de 2022 dirixida por Stephen Williams e escrita por Stefani Robinson. Está baseada na vida do músico franco-caribeño titular Joseph Bologne, Chevalier de Saint-Georges, interpretado por Kelvin Harrison Jr.. Tivo a súa estrea mundial no 47º Festival Internacional de Cine de Toronto o 11 de setembro de 2022 e foi estreada nos Estados Unidos e na plataforma Disney+ en 2023.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Boëssière, Tessier, fils (1818). Traité, Notice historique sur le chevalier de St.-Georges (en francés). París: Didot. p. xvi.  Data de nacemento segundo o afirmado por un amigo de toda a vida.
  2. Documento: Permiso de Mme. George Bologne para levar a Nanon negresse e Joseph, seu fillo de 2 anos, a Francia; Archives départementales de la Gironde; 6B/50.
  3. Documento: Formación da Légion St. Georges; S.H.A.T. (Arquivos do Exército Francés, Vincennes), Dossier Bologne 2Ye91/47.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.