Cheriton, Kent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCheriton, Kent
Imaxe

Localización
Mapa
 51°05′17″N 1°08′31″L / 51.088, 1.142Coordenadas: 51°05′17″N 1°08′31″L / 51.088, 1.142
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsSudeste de Inglaterra - South East England
Condado cerimonialKent
Condado não-metropolitano (pt) TraducirKent (en) Traducir
Distrito não-metropolitano (pt) TraducirFolkestone and Hythe (en) Traducir
VilaFolkestone (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postalCT19 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico01303 Editar o valor em Wikidata

Igrexa de St Martin, en Cheriton, Kent

Cheriton é un suburbio ao norte do distrito de Folkestone and Hythe, no condado de Kent (Inglaterra).

É a localidae onde se sitúa a terminal inglesa do Túnel da Mancha e dos principais cuarteis do exército de Shorncliffe Camp.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Cheriton encóntrase nunha planicie a metade do camiño entre a escarpa de Folkestone Downs, entre Cheriton Hill no lado de terra e Sandgate Hill que baixa csara ao mar. Os Folkestone Downs son o extremo sur dos North Downs, unha cadea baixa de outeiros que van desde Londres até os acantilados brancos de Dover.

Demografía[editar | editar a fonte]

A súa poboación en 1851 era de 1 658 habitantes, e en 1861 aumentara a 7 434, dos cales 4 204 eran militares do Shorncliffe Camp. A partir de 2011, os Royal Gurkha Rifles ocupan o campamento de Shorncliffe, polo que os nepalíes constitúen unha gran parte da poboación.

Historia[editar | editar a fonte]

A chaira costeira onde North Downs se encontra co estreito de Dover foi un lugar de importancia estratéxica desde a antigüidade. Portus Lemanis era un importante porto romano, dominado por un forte cerca de onde agora se encontra o castelo de Lympne. Os normandos construíron o castelo de Folkestone nun esporón de Cheriton Hill. A igrexa de St Martin remóntase á época saxoa, e o nome Cheriton significa "Granxa da Igrexa".[1]

Cheriton foi unha parroquia civil e parte do distrito rural de Elham desde 1894 até 1898, cando se converteu nun distrito urbano separado. Isto foi abolido en 1934 por unha Orde de Revisión do condado de Kent, e dividida entre Folkestone e Hythe.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "History of All Souls Church 1894 onwards". Brian Wedge. Archived from the original on 04 de setembro de 2005. Consultado o 4 de deembro de 2011. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.