Saltar ao contido

Chelsea Winstanley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChelsea Winstanley

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Tauranga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutora, directora de cinema Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeTaika Waititi (2011–2018), divorcio Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm4438615 Twitter: ChelseaPaparoa Instagram: chelseawinstanley BNE: XX5586459 WikiTree: Winstanley-76 Editar o valor en Wikidata

Chelsea Winstanley é unha produta neozelandesa de ascendencia maorí nomeada ó premio Óscar. É coñecida por producir os filmes What We Do in the Shadows (2014) e Jojo Rabbit (2019), ámbolos dous dirixidos polo seu marido, Taika Waititi.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Winstanley ten ascendencia maorí das tribos Ngāti Ranginui e Ngai Te Rangi por parte da súa nai.[2] Produciu curtametraxes como Meathead e Night Shift. En 2014, produciu What We Do in the Shadows con Taika Waititi e Jemaine Clement. Produciu o documental de Merata Mita sobre o abuso doméstico Saving Grace, Te Whakarauora Tangata, e tamén dirixiu algúns documentais.[1]

No ano 2014, foi galardoada co Premio SPADA Screen Industry Awards Independent Producer of the Year, compartido co seu marido Taika Waititi.[3]

En xuño de 2015 Winstanley foi nomeado muller neozelandesa Mana Wahine no Festival de Cinema Maorí de Wairoa.[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Con 20, Winstanley tivo un fillo, Maia, que criou como nai solteira.[2]

Casou co director neozelandés Taika Waititi, a quen xa coñecera con vinte anos cando o entrevistou para unha serie documental sobre artistas maorís. Volveron coñecerse na rodaxe do filme Boy, e casaron dous anos despois. En maio de 2012, Winstanley deu a luz á súa primeira filla, Te Kainga o Te Hinekāhu Waititi.[5][6] En 2015, deu a luz á súa segunda filla, Matewa Kiritapu.[7][8]

  1. 1 2 nzonscreen.com (ed.). "Chelsea Winstanley - NZ On Screen".
  2. 1 2 "Chelsea Winstanley Opens Up About Her Childhood Sexual Abuse And How Husband Taika Waititi Helped Her Heal". Now To Love (en inglés). Consultado o 28 de xullo de 2019.
  3. "Chelsea Winstanley - NZ On Screen".
  4. "The Diary: Second baby on the way for Taika". 3 de xuño de 2015 vía New Zealand Herald.
  5. "Taika Waititi on Twitter".
  6. Powley, Kathryn (3 de xuño de 2012). "Girl, not Boy, for director dad". The New Zealand Herald. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2015. Consultado o 5 de febreiro de 2015.
  7. World of Taika (ed.). "Taika Waititi Fan Page".
  8. Taika Waititi, ed. (6 de xullo de 2016). "Day One on Thor: Ragnarok". Consultado o 6 de maio de 2018.