Saltar ao contido

Chelonoidis niger chathamensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chelonoidis niger chathamensis
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Testudines
Suborde: Cryptodira
Familia: Testudinidae
Xénero: Chelonoidis
Especie: Chelonoidis niger
Subespecie: Chelonoidis niger chathamensis
Sinonimia
  • Testudo chathamensis Van Denburgh, 1907
  • Geochelone nigra chathamensis (Van Denburgh, 1907)

Chelonoidis niger chathamensis é unha subespecie da tartaruga xigante das Galápagos endémica da illa de San Cristóbal (antes illa Chatham) do arquipélago das Galápagos.[1] Noutras clasificacións tratouse como especie co nome Chelonoidis chathamensis.

Historia da poboación

[editar | editar a fonte]

Esta tartaruga foi moi explotada no pasado e eliminada de gran parte da súa área de distribución orixinal. O pisado dos niños por burros ferais e a predación das crías por cans ferais decimaron as pobaocións, pero un programa de reprodución pemitiu facer liberacións de exemplares con éxito. O valado dos niños e a erradicación de cans na década de 1970 axudou á recuperación da poboación.[2]

A súa poboación pénsase que caeu a só 500-700 individuos na década de 1970, pero era de arredor de 24.000 antes do contacto cos humanos. Nun censo realizado en novembro de 2016 viuse que a poboación estaba experimentando un rápido crecemento, xa que se atoparon uns 6.700 individuos, que incluían 2.700 adultos maduros e 3.750 individuos novos.[1]

Establecéronse centros de reprodución, como a Galapaguera de Cerro Colorado, para favorecer a reprodución en catividade desta tartaruga dos Galápagos en perigo. Despois liberáronse exemplares nas súas áreas de orixe para que se recuperasen as poboacións silvestres.[3]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Ten unha coiraza ancha e negra con forma intermedia entre a de sela e a abovedada; os machos adultos son máis ben de coiraza en sela, mentres que as femias e machos novos sn máis anchos no medio e máis cupuliformes. Unha forma agora extinta de coiraza máis plana existía nas rexións máis húmidas e altas da illa, que foron as máis alteradas cando se produciu a colonización humana. O espécime tipo pertencía a esta forma extinta, así que é posible que o nome da subespecie actualmente designado como C. n. chathamensis estea aplicado incorrectamente.[4]

  1. 1 2 3 Caccone, A. "Chelonoidis chathamensis". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
  2. Cayot 1994. Conservation biology of Galápagos reptiles: twenty-five years of successful research and management. In: J. B. Murphy, K. Adler, e J. T. Collins (eds.). Captive Management and Conservation of Amphibians and Reptiles, pp. 297–305. Ithaca, Nova York: Society for the Study of Amphibians and Reptiles. Contributions to Herpetology. vol. 11. ISBN 0-916984-33-8.
  3. Cerreta, Anthony J.; Vaden, Shelly L.; Lewbart, Gregory A.; Muñoz-Pérez, Juan Pablo; Páez-Rosas, Diego (xuño de 2019). "Increased BUN and glucose in a group of San Cristóbal galapagos tortoises ( Chelonoidis chathamensis )". Veterinary Record Case Reports (en inglés) 7 (2). ISSN 2052-6121. doi:10.1136/vetreccr-2018-000699.
  4. Pritchard (1979). Encyclopedia of turtles. Neptune, Nova Jersey: T. F. H. Publ., Inc.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Biblografía

[editar | editar a fonte]
  • Van Denburgh, 1907 : Expedition of the California Academy of Sciences to the Galapagos Islands, 1905–1906. I. Preliminary descriptions of four new races of gigantic land tortoises from the Galapagos Islands. Proceedings of the California Academy of Sciences, ser. 4, vol. 1, p. 1–6 (Texto completo).