Saltar ao contido

Chelonoidis chilensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chelonoidis chilensis

Chelonoidis chilensis
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Clase: Reptilia
Orde: Testudines
Suborde: Cryptodira
Familia: Testudinidae
Xénero: Chelonoidis
Especie: chilensis
(Gray, 1870)
Sinonimia[2]
  • Testudo (Gopher) chilensis
    Gray, 1870
  • Testudo argentina
    Sclater, 1870
    (nomen substitutum pro T. chilensis Gray, 1870)
  • Testudo (Chelonoidis) chilensis
    E. Williams, 1952
  • Testudo chilensis
    Wermuth & Mertens, 1961
  • Geochelone chilensis
    Pritchard, 1967
  • Geochelone petersi
    Freiberg, 1973
  • Chelonoidis chilensis donosobarrosi
    Freiberg, 1973
  • Testudo chilensis
    — Kahl et al., 1980
  • Chelonoidis chilensis
    Iverson, 1986
  • Geochelone chilensis
    Ernst & R. Barbour, 1989
  • Chelonoidis chilensis
    Cei, 1993
  • Chelonoidis chilensis
    Varela & Bucher, 2002
  • Chelonoidis petersi
    McCord & Joseph-Ouni, 2004
  • Chelonoidis chilensis
    — McCord & Joseph-Ouni, 2004
  • Chelonoidis chilensis
    — Carnovale, 2005
  • Chelonoidis chilensis
    Le et al., 2006
  • Chelonoidis petersi
    — Bonin et al., 2006
  • Geochelone chilensis
    — Winchell, 2010
  • Chelonoidis chilensis
    TTWG, 2014

Chelonoidis chilensis é unha especie de tartaruga da familia Testudinidae endémica de Suramérica.

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

Vive principalmente na Arxentina, pero tamén en Bolivia e Paraguai, esencialmente dentro das ecorrexións do Chaco e o Monte. A súa distribución está limitada principalmente por variables limitadas pola temperatura e as precipitacións no período reprodutor.[3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O nome científico desta especie, Chelonoidis chilensis, pode levar á confusión, porque non é nativa de Chile. Está distribuída na Arxentina, Bolivia e Paraguai. O nome chilensis debeuse a un erro cando se describiu por primeira vez a especie en 1870; o seu descritor, Gray, escribiu erradamente que o exemplar fora recollido en "Mendoza, Chile", cando en realidade Mendoza está na Arxentina, e deulle o nome chilensis. Despois, ese mesmo ano, Sclater corrixiu o erro de Gray, pero as regras de nomenclatura danlle preferencia ao primeiro nome, chilensis, incluso se se debeu a un erro, polo que o nome persisitiu.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A coiraza de C. chilensis pode medir ata 43,3 cm (pero normalmente mide menos de 25 cm) en liña recta, e pode ser totalmente marrón amarelada ou ten aneis marrón escuros ou negros rodeando un centro torrado en cada escudo. Os espécimes que se encontran máis ao sur adoitan ser moito máis grandes que os que se encontran máis ao norte. A beira da coiraza está lixeiramente aserrada e ten unha cuña escura de pigmento na beira posterior de cada escudo. O plastrón pode ser uniformenmente marrón amarelado ou ter unha cuña triangular escura ao longo das beiras de cada escuro. A cabeza, patas e cola son de agrisadas a marróns amareladas, e a parte dianteira de cada pata anterior está cuberta de escamas angulares grandes e cada coxa presenta varios tubérculos alongados.

Como todas as especies de tartarugas de terra, esta tartaruga é principalmente herbívora, e come herbas, arbustos, froitos e cactos.

Status de especie

[editar | editar a fonte]
Os dous grandes haplogrupos de C. chilensis, o do "Chaco seco" (en rosa) e o "do monte" (verde).

Só se recoñece unha especie.[4] Porén, algúns investigadores cren que C. chilensis debería dividirse en tres especies: C. chilensis, C. petersi e C. donosobarrosi. Outros apoian que C. donosobarrosi se trate como subespecie co nome C. chilensis donosobarrosi, nome dado en honra do herpetólogo chileno Roberto Donoso-Barros.[5] Hai investigacións que indican que esta pode calificarse como especie separada, mentres que C. petersi podería ser simplemente unha variante de C. chilensis, pero as variacións son clinais en poboacións adxacentes.[6] Porén, os taxons mencionados foron todos sinonimizados formalmente[4] e aceptados.[7] A variación morfolóxica é explicable como un factor de elevación.[7] Algúns consideraron que era un complexo de especies. Historicamente, consideráronse taxons separados, pero realizáronse poucos traballos para confirmalo ou refutalo. Posteriores análises moleculares atoparon pouca ou ningunha variación xenética.[8]

Un amplo estudo xenético concluíu que as poboacións desta tortuga pertencían a unha única especie, pero que estaba dividida en dous grandes grupos: o haplogrupo “Chaco seco” (distiribuído no Chaco en Bolivia, Paraguai e norte da Arxentina) e o haplogrupo “do monte” (do centro-oeste arxentino e norte da Patagonia).[9]

Relación coas tartarugas das Galápagos

[editar | editar a fonte]

Estableceuse que, malia a súa diferenza de tamaño, hai unha proximidade xenética entre o complexo de especies das tortarugas das Galápagos e Chelonoidis chilensis, cunha distancia xenética menor que a que hai entre esta última e outras especies do xénero Chelonoidis de América do Sur: Chelonoidis carbonaria e Chelonoidis denticulata.

  1. Tortoise & Freshwater Turtle Specialist Group (1996). "Chelonoidis chilensis". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 1996: e.T9007A12949680. doi:10.2305/IUCN.UK.1996.RLTS.T9007A12949680.en. Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  2. Chelonoidis chilensis na Reptarium.cz Reptile Database. Acceso 6 de xuño de 2015.
  3. Ruete, A.; Leynaud, G.C. (2015). "Identification of limiting climatic and geographical variables for the distribution of the tortoise Chelonoidis chilensis (Testudinidae): a baseline for conservation actions". PeerJ 3: e1298. PMC 4636419. PMID 26557430. doi:10.7717/peerj.1298. 
  4. 4,0 4,1 Fritz, U.; Alcalde, L.; Ramírez-Vargas, M.; Goode, E.V.; Fabius-Turoblin, D.U.; Praschag, P. (2012a). "Northern genetic richness and southern purity, but just one species in the Chelonoidis chilensis complex". Zoologica Scripta 41: 220–232. doi:10.1111/j.1463-6409.2012.00533.x. 
  5. Beolens, Bo; Watkins, Michael; Grayson, Michael (2011). The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. xiii + 296 pp. ISBN 978-1-4214-0135-5. (Geochelone donosobarrosi, p. 74).
  6. Melissa Kaplan. "Chaco Tortoises". Consultado o April 29, 2015. 
  7. 7,0 7,1 Rhodin, Anders G.J.; van Dijk, Peter Paul; Iverson, John B.; Shaffer, H. Bradley; Roger, Bour (2012). "Turtles of the world, 2012 update: Annotated checklist of taxonomy, synonymy, distribution and conservation status". Chelonian Research Monographs 5. doi:10.3854/crm.5.000.checklist.v5.2012. 
  8. Turtle Taxonomy Working Group (van Dijk PP, Iverson JB, Rhodin AGJ, Shaffer HB, Bour R). 2014. Turtles of the world, 7th edition: annotated checklist of taxonomy, synonymy, distribution with maps, and conservation status.
  9. Sánchez, Julieta (2012). Variabilidad genética, distribución y estado de conservación de las poblaciones de Tortugas terrestres Chelonoidis chilensis (Testudines: Testudinidae) que habitan en la República Argentina. Director de Tesis: Dr. Alejandro Daniel Bolzán. Codirector de Tesis: Dr. Leandro Alcalde. Lugar de trabajo: Instituto Multidisciplinario de Biología Celular (IMBICE) CCT-CONICET La Plata – CICPBA. Facultade de Ciencias Naturais e Museo da Universidade Nacional de La Plata.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]