Chelonoidis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chelonoidis

Chelonoidis denticulata coas súas característicos patas con puntos amarelos.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Subclase: Anapsida
Orde: Testudines
Suborde: Cryptodira
Superfamilia: Testudinoidea
Familia: Testudinidae
Xénero: Chelonoidis
Fitzgerald, 1835[1][2]
Chelonoidis chilensis, a tartaruga do Chaco.
Chelonoidis carbonaria, tartaruga con patas con puntos vermellos.
Chelonoidis chatamensis, a tartaruga da illa San Cristóbal, unha das especies das illas Galápagos do complexo de especies C. nigra.

Chelonoidis é un xénero de tartarugas da familia Testudinidae.[1][2] Encóntranse en Suramérica continental e nas illas Galápagos (a 1 000 km da costa suramericana do Pacífico). Anteriormente foran asignadas ao xénero Geochelone, pero unha análise xenética comparativa posterior indicou que en realidade están máis estreitamente relacionadas coas tartarugas africanas do xénero Kinixys.[3] Os seus antepasados eran africanos e aparentemente chegaron cruzando o Atlántico flotando no Oligoceno.[3] Esta longa travesía foi posible pola súa capacidade de flotar coas cabezas ergueitas e de sobrevivir seis meses ou máis sen comida nin auga.[3]

Cos cambios taxonómicos recentes, do antigo xénero Geochelone separáronse unha gran parte das súas especies,[3] que foron asignadas a xéneros propios, que son: Aldabrachelys (das Seychelles e Madagascar), Astrochelys (Madagascar)[4], Chelonoidis (Suramérica e illas Galápagos), Stigmochelys (África)[4], e o xénero antigo extinto Colossochelys (sur de Asia).

Os membros do xénero Chelonoidis que viven nas illas Galápagos (que foron antes tratados como subespecies e agora como especies que forman un complexo de especies relacionadas) están entre os quelonios terrestres existentes de maior tamaño. Especies xigantes deste xénero estaban presentes tamén na Suramérica continental durante o Plistoceno, pero agora as especies continentais son máis pequenas que as das Galápagos.[5]

Especies[editar | editar a fonte]

Velaquí unha listaxe alfabética das especies separadas por zonas xeográficas.[1][2]

Suramérica continental
  • C. carbonaria
  • C. chilensis
  • C. denticulata
Illas Galápagos
  • Complexo de especies de C. nigra:
    • C. abingdonii – tartaruga da illa Pinta (extinguida)
    • C. becki – tartaruga do volcán Wolf da illa Isabela
    • C. chathamensis – tartaruga da illa San Cristóbal
    • C. darwini – tartaruga da illa Santiago
    • C. donfaustoi – tartaruga de Santa Cruz do leste[6][7]
    • C. duncanensis – tartaruga da illa Pinzón
    • C. guentheri – tartaruga de Sierra Negra en Isabela
    • C. hoodensis – tartaruga da illa Española
    • C. microphyes – tartaruga do volcán Darwin en Isabela
    • C. nigra – tartaruga da illa Floreana (extinguida)
    • C. phantastica – tartaruga da illa Fernandina (de dubidosa existencia)[8]
    • C. porteri – tartaruga da illa Santa Cruz
    • C. vandenburghi – tartaruga do volcán Alcedo en Isabela
    • C. vicina – tartaruga da illa Isabela
    • C. wallacei – tartaruga da illa Rábida (de dubidosa existencia)[8][9][10]
    • Chelonoidis sp. 1 – tartaruga da illa Santa Fe[10] (de dubidosa existencia)[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Turtle Taxonomy Working Group 2010 (2010-12-14). "Turtles of the World 2010 Update: Annotated Checklist of Taxonomy, Synonymy, Distribution and Conservation Status" (PDF). Arquivado dende o orixinal (pdf) o 17 de xullo de 2011. Consultado o 2010-12-15. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Turtle Taxonomy Working Group 2011 (2011-12-31). "Turtles of the World 2011 Update: Annotated Checklist of Taxonomy, Synonymy, Distribution and Conservation Status" (PDF). Arquivado dende o orixinal (pdf) o 05 de agosto de 2012. Consultado o 2012-07-30. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Le, M.; Raxworthy, C. J.; McCord, W. P.; Mertz, L. (2006-05-05). "A molecular phylogeny of tortoises (Testudines: Testudinidae) based on mitochondrial and nuclear genes" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 40 (2): 517–531. PMID 16678445. doi:10.1016/j.ympev.2006.03.003. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de marzo de 2012. 
  4. 4,0 4,1 Fritz, U.; Bininda-Emonds, O. R. P. (2007-07-03). "When genes meet nomenclature: Tortoise phylogeny and the shifting generic concepts of Testudo and Geochelone". Zoology (Elsevier) 110 (4): 298–307. PMID 17611092. doi:10.1016/j.zool.2007.02.003. 
  5. Cione, A. L.; Tonni, E. P.; Soibelzon, L. (2003). "The Broken Zig-Zag: Late Cenozoic large mammal and tortoise extinction in South America" (PDF). Rev. Mus. Argentino Cienc. Nat., n.s. 5 (1): 1–19. ISSN 1514-5158. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xullo de 2011. Consultado o 2011-02-06. 
  6. Poulakakis, Nikos; Edwards, Danielle L.; Chiari, Ylenia; Garrick, Ryan C.; Russello, Michael A.; Benavides, Edgar; Watkins-Colwell, Gregory J.; Glaberman, Scott; Tapia, Washington; Gibbs, James P.; Cayot, Linda J.; Caccone, Adalgisa (2015). "Description of a New Galapagos Giant Tortoise Species (Chelonoidis; Testudines: Testudinidae) from Cerro Fatal on Santa Cruz Island". PLOS ONE 10 (10): e0138779. doi:10.1371/journal.pone.0138779. 
  7. Marris, Emma (21 October 2015). "Genetics probe identifies new Galapagos tortoise species". Nature News. doi:10.1038/nature.2015.18611. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Van Denburgh, J. (1914). "The gigantic land tortoises of the Galapagos archipelago". Proceedings of the California Academy of Sciences, Series 4 2 (1): 203–374. Consultado o 2012-01-11. 
  9. MacFarland; Craig G.; Villa, José; Toro, Basilio (1974). "The Galápagos giant tortoises (Geochelone elephantopus). I. Status of the surviving populations". Biological Conservation 6 (2): 118–133. doi:10.1016/0006-3207(74)90024-X. 
  10. 10,0 10,1 "Darwin Foundation". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2017. Consultado o 12 June 2015.