Chasco canario
| Chasco canario | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho na illa de Fuerteventura | |||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
O chasco canario[2] (Saxicola dacotiae) é un paxaro residente sedentario da illa canaria de Fuerteventura, onde recibe o nome local de caldereta, pero que antes estaba máis estendido polas distintas illas Canarias.

Taxonomía
[editar | editar a fonte]É un pequeno paseriforme que foi inicialmente clasificado como membro da familia dos tordos, Turdidae, pero que agora xeralmente se considera que forma parte da familia Muscicapidae. Esta paxaro e pequenas especies europeas similares adoitan chamarse chascos. Antes estivo incluído dentro da especie Saxicola torquatus, pero é bastante distinto; probablemente é un derivado insular duns chascos europeos ancestrais que colonizaron as illas hai uns 1-2 millóns de anos, durante o Plistoceno temperán.[3]
Descrición
[editar | editar a fonte]En aparencia é intermedio entre o chasco europeo e o chasco do norte; o seu tamaño corporal e forma lembran un áxil paporrubio. As súas partes superiores son xeralmente da mesma cor que as do paporrubio, pero máis contrastadas, marróns escuras cunha cabeza anegrada e manchas nas costas. Ten unha sobrecella branca máis pura que chega ata detrás do ollo e lados do pescozo brancos, e un peito castaño alaranxado claro que se fai máis apagado e claro nas partes inferiores do corpo contra a barriga abrancazada. O sobrecú e colo son escuros, este último cun padrón branco visible en voo. Teñen tamén unha banda branca na á. A femia é similar a unha versión destinxida do macho, cunha cabeza marrón con manchas negras e sen partes brancas no pescozo.
O macho fai unha chamada tic-tic como se unha pedra chocase contra outra, e unha canción de trilos agudos como a dun chasco europeo.
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]Frecuenta os hábitats ricos. É común nos barrancos canarios e alí é o único lugar onde se reproduce, que son zonas de gargantas e ladeiras rochosas con vexetación arbustiva espallada (o 30-50 % é terreo aberto)[4]. Aínda que ás veces tamén se aventura en áreas máis abertas e áridas como o malpaís (terreos de antigos fluxos de lava nas que xurdiu vexetación), a especie prefire arboredos de palmeiras e arbustos[5] como a Launaea arborescens, o Caroxylon vermiculatum e o Lycium intricatum[6]. Os machos cantan desde pousadoiros expostos, dese onde tamén cazan insectos lanzándose a voar; ocasionalmente, visitan campos ou xardíns para alimentarse. Parece que só utilizan o hábitat totalmente aberto cando están buscando comida para as crías.[6]
Poñen de 4 a 5 ovos por posta que incuban por 13 días, e xeralmente conseguen criar dúas postas ao ano.
Conservación
[editar | editar a fonte]
Este chasco canario é agora considerado especie en perigo, xa que o urbanismo, principalmene relacionado co turismo, invade o seu mellor hábitat[4]. A poboación é difícil de estimar, pero moi probablemente está entre 1.300 e 1,700 exemplares maduros,[6] e está en declive. En concreto, o forte desmonte da península de Jandía está illando a subpoboación local e facéndoa vulnerable aos efectos adversos do pequeno tamaño de poboación.
A desertificación, exacerbada polo pastar das cabras e a diminución do nivel dos acuíferos, tamén contribuíu á perda de hábitat. Os gatos ferais e ratas negras depredan os seus ovos e crías. Leva aplicándose a esta especie un plan de acción de conservación desde 1999.[6] Debido á súa taxa de reprodución bastante alta, se se lle asegura un hábitat suficiente e se manteñen a raia os depredadores, debería manterse pola súa conta.
A antiga subespecie murielae do arquipélago de Chinijo ao norte de Lanzarote extinguise a inicios do século XX. Pensábase xeralmente que a súa extinción se debera á deterioración da cualidade do seu hábitat, pero puido deberse máis ben ao efecto de predadores introducidos. Só hai rexistros de que habitaba nas illas de Montaña Clara e Alegranza, que son as máis afastadas das costas de Lanzarote.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2017). "Saxicola dacotiae". IUCN Red List of Threatened Species 2017: e.T22710177A111095282. ISSN 2307-8235. doi:10.2305/IUCN.UK.2017-1.RLTS.T22710177A111095282.en. Parámetro descoñecido
|orig-date=ignorado (Axuda); Parámetro descoñecido|doi-access=ignorado (Axuda) - ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Wink, M.; Sauer-Gürth, H. & Gwinner, E. (2002): Evolutionary relationships of stonechats and related species inferred from mitochondrial-DNA sequences and genomic fingerprinting. Brit. Birds 95: 349–355. PDF co texto completo
- ↑ 4,0 4,1 Illera, Juan Carlos; Díaz, Mario & Nogales, Manuel (2006): Ecological traits influence the current distribution and range of an island endemic bird. J. Biogeogr. 33(7): 1192–1201. doi 10.1111/j.1365-2699.2006.01505.x (resumo en HTML)
- ↑ Álamo Tavío, Manuel (1975). Aves de Fuerteventura en peligro de extinción. Las Palmas de Gran Canaria: Asociación Canaria para Defensa de la Naturaleza. pp. 10–32.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 BirdLife International (2006): Species factsheet: Saxicola dacotiae Arquivado 2008-12-28 en Wayback Machine.. Consultado o 12 de decembro de 2006.
- ↑ Collar, Nigel (2020). "Fuerteventura stonechat". Birds of the World.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chasco canario |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Chasco canario |