Charles L. Veach
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 18 de setembro de 1944 Chicago, Estados Unidos de América |
| Morte | 3 de outubro de 1995 Houston, Estados Unidos de América |
| Causa da morte | cancro |
| Lugar de sepultura | Honolulu |
| Educación | Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos de América |
| Actividade | |
| Ocupación | oficial, astronauta, piloto de guerra |
| Empregador | NASA, astronauta |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Forza Aérea dos Estados Unidos de América |
| Rango militar | coronel (pt) |
| Conflito | Guerra do Vietnam |
| Tempo no espazo | 18 días, 4 horas e 18 minutos |
| Misión do astronauta | |
| Premios | |
Charles Lacy Veach, nado en Chicago, Illinois, o 18 de setembro de 1944, e finado o 3 de outubro de 1995, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-39 e STS-52.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veach graduouse en enxeñaría pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1966. Foi seleccionado como candidato a astronauta pola NASA en maio de 1984, completando o seu adestramento en xuño de 1985. Participou nas misións STS-39 e STS-52, pasando 18,18 días no espazo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Veach, Charles Lacy" (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 NASA, ed. (outubro de 1995). "CHARLES LACY VEACH (MR.) NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles L. Veach |