Charles A. Beard
(1917) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1874 Knightstown, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 1 de setembro de 1948 (73 anos) New Haven, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Ferncliff Cemetery (pt) |
Presidente American Political Science Association (en) | |
1925 – 1926 | |
Datos persoais | |
Educación | DePauw University (en) - grao en Artes (–1898) Universidade Columbia |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia |
Ocupación | historiador da idade moderna, activista pola paz, profesor universitario, historiador, escritor |
Empregador | Universidade Columbia |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Ritter Beard (1900–1948) |
Descrito pola fonte | American Political Scientists (2nd ed.) (en) , (sec:Beard, Charles Austin, p.27-29) Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бирд Чарлз Остин) Obálky knih, |
Charles Austin Beard, nado en Knightstown en 1874 e finado en New Haven en 1948, foi un historiador norteamericano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade DePauw e perfeccionou os seus estudos en Oxford (1898-1900), volveu aos Estados Unidos par casar coa tamén historiadora, Mary Ritter e volveu a Inglaterra. En 1904 volveu aos Estados Unidos para dar clase na Universidade de Columbia. Contrario á entrada dos Estados Unidos na primeira guerra mundial, en 1917 deixou o seu posto de profesor como protesta contra a Lei de Espionaxe que consideraba anticonstitucional. Beard apoiou o continentalismo, argumentando que os Estados Unidos non tiña intereses vitais en Europa.
Foi un dos historiadores norteamericanos máis influentes de comezos do século XX. Líder da escola historiográfica norteamericana coñecida como progresista, introduciu temas de intereses económicos e conflitos económicos na historia, como o conflito entre os industriais do nordeste, os granxeiros no Mediooeste e os terratenentes do sur que el vía como a causa da Guerra Civil Americana.
Obra
[editar | editar a fonte]En 1913 publicou An Economic Interpretation of the Constitution of the United States, no que expuña que a Constitución dos Estados Unidos fora produto dos intereses económicos como terratenentes dos seus redactores.
En colaboración coa súa dona, escribiu:
- The Rise of American Civilization (1927),
- America in Midpassage (1939)
- The American Spirit (1943).