Chandler Canterbury
Aparencia
(2011) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 15 de decembro de 1998 Houston |
| Actividade | |
| Ocupación | actor, actor de televisión, actor de cinema |
| Período de actividade | 2007 |
Chandler Canterbury, nado o 15 de decembro de 1998 en Houston, Texas, é un actor infantil estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É o irmán máis novo de Colby Canterbury e o irmán máis vello de Shelby Canterbury que son tamén actores infantís. Chandler é coñecido por interpretar a Caleb Koestler no filme Knowing do ano 2009, personaxe que fixo a carón de Nicolas Cage. De tódolos xeitos, foi o papel de David Smith na popular serie de televisión Criminal Minds (episodio 2 — tempada 3) o que lle reportou atención por parte dos produtores de Hollywood. Tamén interpretou a Benjamin Button (de 8 anos) no filme O curioso caso de Benjamin Button xunto con Brad Pitt e Cate Blanchett.
Filmografía
[editar | editar a fonte]
| Ano | Filme | Personaxe | Notas |
|---|---|---|---|
| 2007 | Criminal Minds | David Smith | Serie de televisión (Episodio "In Name and Blood") |
| 2008 | O curioso caso de Benjamin Button | Benjamin Button - 8 anos | |
| 2009 | Balls Out: Gary the Tennis Coach | Gary de novo | |
| Powder Blue | Billy | ||
| Knowing | Caleb Koestler | ||
| 2010 | After.Life | Jack | |
| Repo Men | Peter | ||
| A Bag of Hammers | Kelsey | ||
| 2011 | Fringe | Peter Bishop de novo | Serie de televisión (Episodio "Subject 13") |
| When Angels Sing | David Walker | ||
| 2012 | Little Red Wagon | Zach Bonner |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chandler Canterbury |