Saltar ao contido

Chanakya

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaChānakya

Impresión dun artista de Chanakya
Biografía
Nacemento(sa) Kauṭilya or Vishnu Gupta Editar o valor en Wikidata
c. 370 a.C.[1]
Taxila, Paquistán (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mortec. 283 a.C.[1]
Patliputra
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónHinduísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónConselleiro do primeiro emperador
Período de actividade(Con vida en: século IV a. C. Editar o valor en Wikidata)
AlumnosChandragupta Maurya e Bindusara (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1397588

Chānakya(sánscrito: चाणक्य Cāṇakya támil: சாணக்கியன் Cāṇakiyan ) (c. 350283 a.C.) foi un conselleiro do primeiro emperador maurya Chandragupta (c. 340293 a.C.), e foi o arquitecto principal do seu ascenso ao poder. Kautilya e Vishnugupta, os nomes polos que os tratados políticos da Antiga India chamaron ao autor do Arthaśāstra, son atribuídos tradicionalmente a Chanakya.[2] Chanakya foi considerado o pioneiro no eido da economía e ciencia política.[3][4][5][6] No mundo occidental, denomínaselle o Maquiavelo indio, aínda que os traballos de Chanakya preceden aos de Maquiavelo en arredor de 1.800 anos.[7] Chanakya foi profesor no Takṣaśila, un antigo centro de ensino, e foi o responsable da creación do Imperio Maurya, o primeiro da súa clase no subcontinente indio. Os seus traballos perdéronse preto do remate da dinastía Gupta e non foron redescubertos ata 1915.[4]

Traxectoría

[editar | editar a fonte]

Identidade do autor

[editar | editar a fonte]

Sábese que xeralmente chamábaselle Chanakya,[8] pero na súa calidade de autor do Arthashastra, un antigo tratado político indio, adóitaselle denominar Kautilya, que provén da expresión kautil neeti, e que podería ser a súa gotra (nome do clan)[9] e Vishnugupta, que tamén foi tradicionalmente identificado co nome de Chanakya.[10][11] Foi un sagaz mestre da diplomacia. Unha das primeiras referencias da literatura en sánscrito que identifica explicitamente Chanakya con Vishnugupta foi o Panchatantra de Vishnu Sharma, do século III a. C.[12]

K.C. Ojha expresa a opinión de que a identificación tradicional na que se considera que Vishnugupta e Kautilya son o mesmo individuo foi producida por unha confusión de edición e suxire que Vishnugupta foi un redactor da obra orixinal de Kautilya.[10] Thomas Burrow vai aínda máis lonxe e suxire que Chanakya e Kautilya poden ser dúas persoas diferentes.[13]

Moeda de prata do Imperio Maurya, cos símbolos da roda e o elefante. Século III aC.

Os detalles biográficos sobre Chanakya móvense a miúdo no campo da lenda. Thomas R. Trautmann analizou diferentes fontes documentais e enumerou os seguintes elementos comúns das narracións existentes sobre Chanakya:[14]

  • Chanakya naceu xa con todos dentes, un sinal de que se convertería en rei, e que é unha característica inadecuada para un brahman como Chanakya. Os dentes de Chāṇakya, romperon e alguén profetizou que se pronunciaría a través doutro.
  • O rei Nanda expulsou a Chānakya da súa corte, e Chānakya xurou que se vingaría.
  • Chānakya buscou un digno rival para o rei e atopou o mozo Chandragupta Maurya que de neno xa mostraba capacidade de ser un líder.
  • O intento inicial de Chānakya de derrocar a Nanda fallou.
  • Chānakya cambiou a súa alianza co rei da montaña, Parvata, debido á súa obstinación e a non-adhesión aos principios do tratado que acordaran.
  • Chānakya percorreu aos servizos dun texedor fanático para liberar o reino de rebeldes.
  • A rivalidade política con Subandhu prexudicou a saúde de Chānakya.
  • Segundo unha lenda, que é unha invención posterior, mentres Chanakya exercía como Primeiro Ministro de Chandragupta Maurya, empezou a engadir pequenas cantidades de veleno aos alimentos de Chandragupta para que se afixese a el. O obxectivo disto era evitar que o emperador fose envelenado polos inimigos. Un día a raíña Durdha, que estaba embarazada de nove meses, compartiu a comida co emperador. Dado que ela non estaba afeita á comida envelenada, morreu. Chanakya decidiu salvar o bebé, cortou o ventre da raíña e sacou o bebé. Unha pinga (Bindu en sánscrito) do veleno pasara á cabeza do bebé e, por tanto, Chanakya nomeouno Bindusara. Este converteríase nun gran rei e pai do maior emperador maurya desde Chandragupta, Aixoka.[15][16][17][18]

Bindusara naceu antes de que o seu pai fose emperador e, por tanto, esta lenda non é certa. Aixoka, o fillo, casou no 265 aC e o seu fillo Kunala tiña 18 anos de idade no 269 aC, o cal significa que mesmo os príncipes casaban ben cedo. Aixoka naceu no 310 aC e Bindusara ao redor do 330 aC.

Unha anécdota que mostra a súa intelixencia e gran capacidade de observación é a seguinte: unha vez as forzas mauryes tiveron que esconderse nunha cova fuxindo dos seus inimigos e non tiñan nada para comer. Os soldados tiñan fame e non podían saír da cova, posto que as súas vidas corrían perigo. Chanakya viu unha formiga que traía un gran de arroz, pero non había ningún rastro de alimentos ou de grans en ningún lugar da cova. Ordenou que cociñasen o gran de arroz e a continuación os soldados puxéronse a buscar onde podería atopar a formiga aquel alimento. Atoparon que os seus inimigos estaban a comer nun espazo xusto debaixo da cova. En canto viron isto, e sabendo onde se situaba o inimigo, escaparon e salvaron as vidas.

Últimos anos e morte

[editar | editar a fonte]

Cando Bindusara xa foi novo, Chandragupta abandonou o trono e seguiu ao santo Bhadrabahu, ao actual Karnataka, e establecéronse nun lugar coñecido como Shravana Belagola. Viviu como un asceta durante algúns anos e morreu de inanición voluntaria segundo a tradición xainista.

Chanakya mentres tanto mantívose como Primeiro Ministro de Bindusara. Bindusara tamén nomeou como un dos seus ministros a Subandhu, que envexaba a Chanakya. Un día díxolle a Bindusara que Chanakya foi o responsable da morte da súa nai. Bindusara pediu información ás doncelas, que lle confirmaron esta historia, e alporizouse moito con Chanakya. Dise que Chanakya, vendo que o emperador estaba enfadado con el, pensaba que chegara o final da súa vida. Deu tódolos seus bens aos pobres, ás viúvas e ós orfos e sentou sobre un montón de esterco, disposto a morrer mediante a abstinencia total de alimentos e bebidas. Bindusara, mentres, coñeceu a historia completa do seu nacemento pola narración completa das doncelas e afanouse en pedir perdón a Chanakya. Pero Chanakya mantivo a súa decisión. Bindusara virou entón a súa furia contra Subandhu. Subandhu, que aínda odiaba a Chanakya, quería asegurarse que este non volvese á cidade e organizou unha cerimonia de respecto, mentres escondido de todo o mundo, fixo caer unha brasa de carbón ardendo dentro da chea de esterco. Axudado polo vento, o esterco incendiouse rapidamente, e o gran home e o autor do Arthashastra foi queimado ata a morte.

A súa principal filosofía era: "Unha débeda ten que ser pagada ata o último céntimo; un inimigo ten que ser destruído sen deixar rastro". Ironicamente, o seu principal inimigo, Subandhu, seguiu a súa filosofía e destruíuno sen deixar rastro.

Os grupos relixiosos

[editar | editar a fonte]

Na sociedade maurya había tres tipos de crentes non tradicionais: xainistas, budistas e aivaquitas. Chanakya era un seguidor de Ajivaka; Nanda era xainista e a súa perda do poder representou a desgraza para todos os seus ministros xainistas. O tío de Chanakya era xainista tamén, e un grupo deles apoiou a Chanakya na súa política de conspiracións para conseguir o poder. Posteriormente, cando abdicou do trono, Chandragupta Maurya converteuse ao xainismo. O seu fillo Bindusara era axivaka. Tamén Ashoka era axivaka pero co ascenso ao trono converteuse ao budismo.

Máis tarde, o axivikismo foi a relixión oficial do imperio a partir da guerra de Kalinga (261 aC) e durante 14 anos. Posteriormente perdeu poder e fusionouse co hinduísmo tradicional. A información que nos chegou é unha mestura de historias budistas contraditorias e lendas xainistas, que son rexeitadas mesmo polas crónicas cingalesas.

Rol na caída do Imperio Nanda

[editar | editar a fonte]
O Imperio Nanda na súa maior extensión baixo Dhana Nanda, circa o 323 aC.
Imperio de Chandragupta nos seus primeiros anos.

É sabido que Chankaya e Chandragupta derrotaron o poderoso Imperio Nanda e estableceron o novo Imperio Maurya.

Mudrarakshasa ("O Selo do Ministro"), unha obra datada, de maneira diversa, a finais do século cuarto ata principios do século oitavo, narra o ascenso de Chandragupta Maurya ao poder: Sakatala, un ministro real descontento, presenta a Chanakya ao rei nanda, sabendo que Chanakya non sería moi tratado na corte. Humillado na corte, Chanakya desatou a sikha e xurou que non o ataría de novo ata que non destruíse o reino nanda. De acordo co Mudrarakshasa, Chandragupta era o fillo dunha concubina real chamada Mura e pasou a súa infancia no palacio dos nanda. Chanakya e Chandragupta asinaron un pacto con Parvataka (identificado como o rei Poros de Hidaspes por algúns estudosos)[19] ao noroeste da India, feito que lles aseguraba a súa vitoria sobre o Imperio Nanda. O seu exército combinado tivo soldados sacas, yavanes (gregos), kirates, kamboges e vahliks.

Despois da súa vitoria, os territorios do Imperio Nanda dividíronse entre Parvataka e o aliado de Chanakya, Chandragupta. Con todo, despois da morte de Parvataka, o seu fillo Malayaketu buscou o control de todos os antigos territorios nanda. Foi apoiado por Rakshasaa, o exministro do reino Nanda. Varios dos intentos de matar a Chandragupta foron frustrados por Chanakya. Como parte da súa estratexia, Chanakya e Chandragupta escenificaron unha brecha entre eles. Nesta farsa, Chandragupta cesou a Chanakya do seu cargo ministerial, mentres declaraba que Rakshasa era mellor que el. Axentes de Chanakya na corte de Malayaketu fixeron que o rei se virase contra Rakshasa ao suxerir que Rakshasa estaba a piques de substituír a Chanakya na corte de Chandragupta. As actividades dos espías de Chanakya ensancharon aínda máis a brecha entre Malayaketu e Rakshasa. Os seus axentes tamén enganaron a Malayaketu ao facerlle crer que cinco dos seus aliados planeaban unirse a Chandragupta, o que conduciu a Malayaketu a ordenar as súas mortes. Ao final, Rakshasa acaba uníndose a Chandragupta e a coalición de Malayaketu resulta completamente desfeita pola estratexia de Chanakya.

Segundo os textos budistas, Chandragupta era o fillo do xefe do clan Moriya de Pippalivana. Chanakya veuno dirixindo un grupo de mozos da localidade e quedou moi impresionado. Elixiu a Chandragupta como o líder da revolta anti-Nanda.[19]

Varias adaptacións modernas da lenda narran a historia de Chanakya nunha forma semi-ficticia, e estenden estas lendas. En Chandragupta (1911), unha obra de Dwijendralal Ray, o rei nanda exilia ó seu medio irmán Chandragupta, quen se une ao exército de Alexandre o Grande. Máis tarde, coa axuda de Chanakya e Katyayan (o exprimeiro ministro de Magadha), Chandragupta derrota a nanda, que é condenado a morte por Chanakya.[20]

Obras do século XX, por exemplo Chanakya (2001) de B. K. Chaturvedi[21] e Chanakya'*s Chant (2010) de Ashwin Sanghi tamén presentan relatos de semi-ficción da vida de Chanakya. Segundo estes, o pai de Chanakya, Chanak, era amigo de Xakhtar, o primeiro ministro do reino magadha e Chanakya estimaba a Suvashini, filla de Xakhtar. Este perdera gran parte da súa influencia política en favor doutro cortesán chamado Rakshasa, e unha noite, Xakhtar foi encarcerado polo rei Dhana Nanda. A rivalidade da familia de Chanakya co rei Dhana Nanda empezou cando Chanak criticou abertamente o mal goberno do rei. Despois da execución de Chanak polo rei, o exministro Magadha Katyayan enviou a Chanakya a Acharya Pundarikaksha de Takshashila. Chanakya completou a súa educación en Takshashila e alá converteuse en profesor. Despois dalgúns anos, volveu a Pataliputra para reunirse coa súa nai, pero decátase que xa está morta. Tamén se decata que o goberno nanda deteriorouse aínda máis baixo a crecente influencia de Rakshasa, que fixera de Suvashini a súa amante. Cando Chanakya visita a corte real para dar o seu consello, é insultado e encarcerado polo rei. Chanakya é rescatado polos homes do xeneral Maurya, outra persoa que desprezaba o goberno do rei. Chanakya levou a Chandragupta Maurya a Takshashila, onde se formou o mozo. O rei Ambhi, gobernante de Takshashila, aliouse co invasor Alexandre o Grande para derrotar a Parvataka. Chanakya Chandragupta reuniu un grupo de persoas descontentas co goberno de Ambhi e formaron unha alianza con Parvataka para derrotar o rei nanda. As súas primeiras tentativas de conquistar Magadha resultan infrutuosas. De casualidade, Chanakya atopouse cunha nai que rifaba ó seu fillo por queimarse cando comía unha cunca de avea polo medio, en lugar de facelo polos lados, que estaban máis fríos. Chanakya deuse conta do seu erro estratéxico inicial: atacaba Magadha, o centro do territorio nanda. Despois cambiou de estratexia e centrouse na captura das zonas situadas á periferia do Imperio Nanda. Coa axuda de Suvashini, abriuse unha brecha entre o rei e Rakshasa. Finalmente, derrotou o último rei nanda e estableceu un novo imperio con Chandragupta Maurya como emperador.

Arthashastra

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Arthashastra.

A identificación habitual de Kautilya ou de Vixnu Gupta co ministro Chanakya de Chandragupta Maurya fai que a obra poida ser datada no século IV aC. Pero as afinidades cos Smriti e as referencias que serían anacrónicas no século IV aC suxiren que o tratado podería datar do período comprendido entre os séculos II e IV antes da nosa era.

É un escrito esencialmente pragmático, que fai caso omiso, como no caso de Niccolò Machiavelli, de toda consideración moral e describe a maneira de gobernar un reino, tanto nos asuntos internos como na diplomacia vis-a-vis cos veciños, aliados ou inimigos.

Preconiza unha actitude moi activa e a miúdo guerreira: crecemento é sinónimo de conquistas. Se estas últimas son arriscadas, o autor sérvese entón da duplicidade para conseguir os seus obxectivos. A estabilidade non parece pois, esencialmente, máis que unha situación provisional.

A obra está composta por quince libros :

  1. Sobre a disciplina
  2. Os deberes dos ministros do goberno
  3. Sobre a lei
  4. A eliminación das espiñas
  5. A conduta dos cortesáns
  6. A orixe dos estados soberanos
  7. O fin da política sèxtupla
  8. Dos vicios e calamidades
  9. A tarefa dun invasor
  10. Sobre a guerra
  11. A conduta das corporacións
  12. Sobre un inimigo poderoso
  13. Medios secretos para capturar unha fortaleza
  14. Medios secretos
  15. A planificación dun tratado

Neetishastra

[editar | editar a fonte]

O Neetishastra é un tratado sobre a forma ideal da vida, e mostra o profundo estudo de Chanakya da forma de vida da India. Chanakya tamén desenvolveu Neeti-sutres (aforismos - frases concisas) que lle din á xente como se teñen que comportar. Destas famosas 455 sutres, aproximadamente 216 refírense a mana-neeti (os pros e as contras de funcionamento dun reino). Ao parecer, Chanakya utiliza estes aforismos para preparar a Chandragupta e outros discípulos seleccionados na arte de gobernar un reino.

O Arthashastra é un manual serio sobre a arte de gobernar, sobre como dirixir un estado, informado por un propósito superior, claro e preciso nas súas prescricións, resultado da experiencia práctica do funcionamento dun Estado. Non é só un texto normativo, senón unha descrición realista da arte de dirixir un estado.

Chanakya é considerado como un grande pensador e diplomático na India. Moitos nacionalistas indios considérano como unha das primeiras persoas que pensou nunha India unida, que alcanzaría a totalidade do subcontinente. O Conselleiro de Seguridade Nacional da India Shiv Shankar Menon eloxiou o Arthashastra de Chanakya polas súas regras claras e precisas que se aplican na actualidade. Ademais, recomendaba a súa lectura para ampliar a visión sobre cuestións estratéxicas.[23]

O enclave diplomático en Nova Deli chámase Chanakyapuri en honra de Chanakya, así como un barco escola. A Universidade de Dereito Nacional de Chanakya, o Instituto Chanakya de Liderado Público e o círculo Chanakya de Mysore foron bautizados así en honra súa.

Filmes e televisión

[editar | editar a fonte]
  • A serie de televisión Chanakya é un relato arquetípico da vida e a época de Chanakya, baseada na obra de teatro "Mudra-rakshasa" (O selo de "Rakshasaa")
  • A popular canle india en hindi NDTV Imagine empezou unha serie biográfica sobre a vida de Chandragupta Maurya e o seu mestre, Chanakya, producida por Sagar Arts. A serie denominouse Chandragupta Maurya.[24]
  • A canción de The Roots "Make My", aparecida no seu álbum de 2011 Undun presenta unha cita atribuída a Chanakya: "Un home nace só e morre só; experimentou o ben e o mal e as consecuencias do seu karma só; e vaise só ó inferno ou á Casa Suprema"
  • A historia de Chanakya e Chandragupta foi levada ao cinema nunha película en telugu de 1977 titulada Chanakya Chandragupta. Akkineni Nageswara Rao interpretaba o papel de Chanakya, mentres N. T. Rama Rao facía de Chandragupta.[25]

Libros e mundo académico

[editar | editar a fonte]
  • Un libro en inglés titulado Chanakya on Management contén 216 sutres ou mana-neeti, cada un dos cales foi traducido e comentado.
  • Un libro escrito por Ratan Lal Basu e Rajkumar Sen trata dos conceptos económicos mencionados no Arthashastra e a súa relevancia para o mundo moderno.[26]
  • En 2009, moitos expertos eminentes discutiron os diversos aspectos do pensamento de Kautilya nunha conferencia internacional celebrada no Instituto de Investigación Oriental, Mysore (India) para celebrar o centenario do descubrimento do manuscrito de Arthashastra por parte de Rudrapatnam Shamasastry. Boa parte dos documentos presentados na conferencia foron recompilados nun volume editado por Raj Kumar Sen e Ratan Lal Basu.[27][28]
  • Chanakya's Chant de Ashwin Sanghi é un relato ficticio da vida de Chanakya. A novela relata dúas historias paralelas: a primeira de Chanakya e as súas maquinacións para levar a Chandragupta Maurya ao trono de Magadha, e a segunda, a dun personaxe actual chamado Gangasagar Mishra, que ambiciona situar un neno dos barrios marxinais como Primeiro Ministro da India.
  • O papel de Kautilya na formación do Imperio Maurya é a esencia dunha novela histórico-espiritual: Courtesan and the Sadhu do Dr. Mysore N. Prakash.[29]
  • A contribución de Chanakya ao patrimonio cultural de Bharat (a kanarés) por Shatavadhani Ganesh co título Bharatada Samskrutige Chanakyana Kodugegalu.[30]
  • Pavan Choudary. Chanakya's Political Wisdom. Wisdom Village Publications Division. ISBN 978-81-906555-0-7. , un comentario político sobre Chanakya.
  1. 1,0 1,1 V. K. Subramanian (1980). Abhinav Publications, ed. Maxims of Chanakya: Kautilya (en inglés). pp. 1–. ISBN 978-0-8364-0616-0. Consultado o 17/11/2013. 
  2. [1] Journal of the American Oriental Society, vol. 84 (2), p. 162–169, American Oriental Society, ISSN 0003-0279
  3. L. K. Jha, K. N. Jha (1998), Chanakya: the pioneer economist of the world, International Journal of Social Economics, vol. 25 (2-4), p. 267–282.
  4. 4,0 4,1 Waldauer, C., Zahka, W.J. and Pal, S. 1996. Kautilya's Arthashastra: A neglected precursor to classical economics Arquivado 19 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., Indian Economic Review, Vol. XXXI, No. 1, pp. 101-108.
  5. Tisdell, C. 2003. A Western perspective of Kautilya's Arthasastra: does it provide a basis for economic science? Economic Theory, Applications and Issues Working Paper No. 18. Brisbane: School of Economics, The University of Queensland.
  6. Sihag, B.S. 2007. Kautilya on institutions, governance, knowledge, ethics and prosperity. Humanomics 23 (1): 5-28.
  7. Herbert H. Gowen (1929). "The Indian Machiavelli" and in a much more conventional world.or Political Theory in India Two Thousand Years Ago, Political Science Quarterly 44 (2), p. 173–192.
  8. Trautmann, Thomas R. (1971). Kautilya and the Arthaśhāstra: A Statistical Investigation of the Authorship and Evolution of the Text. Leiden: E.J. Brill. p. 10. 
  9. Trautmann 1971:10 "(...) mentres que no seu papel como autor de Arthashastra cita co seu nome gotra (clan), Kautilya."
  10. 10,0 10,1 Mabbett, I.W. (1964). "The Date of the Arthaśhāstra". Journal of the American Oriental Society. 2 (en inglés) 84: 162–169. doi:10.2307/597102. ISSN 0003-0279. 
  11. Mabbett 1964
    Trautmann 1971:5
  12. Mabbett (1964). "Referencias á obra noutros exemplos da literatura sánscrita atribúena a Vishnugupta, Chanakya e Kautilya. Enténdese, en cada caso, que é o mesmo individuo. O Panchatantra identifica explicitamente Chanakya con Vishnugupta."
  13. Trautmann 1971:67. T. Burrow. "Cāṇakya; Kauṭalya". Annals of the Bhandarkar Oriental Research Institute, 48–49, 1968, p. 17 ff. Burrow cre que Cāṇakya é tamén un nome gotra, que conxuntamente con outras probas deixa moi claro que se trata de dúas persoas diferentes: o lendario ministroCāṇakya por unha banda, e Kauṭilya foi o compilador do Arthaśāstra.
  14. Trautmann 1971:"The Chāṇakya-Chandragupta-Kathā"
  15. Wilhelm Geiger (1908). The Dīpavaṃsa and Mahāvaṃsa and their historical development in Ceylon. Traducido por Ethel M. Coomaraswamy. H. C. Cottle, Government Printer, Ceylon. p. 40. OCLC 559688590. 
  16. Bibliotheca Indica, Volume 96, Issue 5. Asiatic Society (Calcuta, India). Baptist Mission Press, 1891.
  17. M. Srinivasachariar (1989). History of classical Sanskrit literature (3a ed. ed.). Motilal Banarsidass. p. 550. ISBN 978-81-208-0284-1. 
  18. Jainism in South India by P.m. Joseph. International School of Dravidian Linguistics, 1997. ISBN 978-81-85692-23-4.
  19. 19,0 19,1 Manohar Laxman Varadpande (2005). History of Indian Theatre. Abhinav Publications. pp. 227–230. ISBN 978-81-7017-430-1. Consultado o 2012-06-06. 
  20. Ray, Dwijendralal (2006-07). "Bhumika: Aitihasikata" [Preface: Historic references]. En Bandyopadhyay, Sukumar. Dwijendralaler Chandragupta [Chandragupta by Dwindralal] (en bengalí) (4a ed. ed.). Calcuta: Modern Book Agency Pvt Ltd. pp. Preface–10–14. 
  21. B. K. Chaturvedi (2001). Chanakya. Diamond Pocket Books. ISBN 978-81-7182-143-3. Consultado o 2012-06-06. 
  22. Paul Halsall. "Indian History Sourcebook: Kautilya: from The Arthashastra, c. 250 BCE" (PDF).  Consultado o 19 xuño de 2012
  23. 23,0 23,1 "India needs to develop its own doctrine for strategic autonomy: NSA". Economic Times (Nova Deli). 18 de outubro do 2012. Consultado o 18 de outubro da 2012. 
  24. "Chandragupta Maurya" Arquivado 25 de febreiro de 2015 en Wayback Machine.. www.tvbasti.com, Consultado o 11 de xaneiro do 2012
  25. Chanakya Chandragupta, película en telugu de 1977 en IMDb.
  26. Ratan Lal Basu & Rajkumar Sen: Ancient Indian Economic Thought, Relevance for Today, ISBN 81-316-0125-0, Rawat Publications, Nova Deli, 2008
  27. Raj Kumar Sen & Ratan Lal Basu (eds): Economics in Arthasastra, ISBN 81-7629-819-0, Deep& Deep Publications Pvt. Ltd., Nova Deli, 2006
  28. Srinivasaraju, Sugata (27 de xullo do 2009). "Year of the Gurú". Outlook India. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2012. Consultado o 8 de marzo da 2012. 
  29. The Courtesan and the Sadhu, A Novel about Maya, Dharma, and God, outubro de 2008, Dharma Vision LLC.,ISBN 978-0-9818237-0-6
  30. "bharatiya-samskrutige chanakyana kodugegalu". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2014. Consultado o 27 de setembro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]