Chamaecyparis formosensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Chamaecyparis formosensis
Falso ciprés de Formosa
Camecíparis de Formosa
Chamaecyparis formosensis
Chamaecyparis formosensis
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Cupressaceae
Subfamilia: Cupressoideae
Xénero: Chamaecyparis
Especie: C. formosensis
Nome binomial
Chamaecyparis formosensis
Matsum., 1901
Sinonimia
Véxase o texto

Chamaecyparis formosensis é unha especie de conífera da familia das cupresáceas (Cupressaceae), subfamilia das cupresoideas (Cupressoideae), unha das seis incluídas no xénero Chamaecyparis.

Endémica de Taiwán, onde crece nas montañas centrais a unha altutude entre moderada e alta, desde os 1 000 até os 2 900 msnm, está ameazada poa perda do seu hábitat e pola sobretala debido á súa valiosa madeira.[1] [2] [3]

Características[editar | editar a fonte]

As principais carterísticas de Chamaecyparis formosensis son:[2] [4]

  • É unha conífera de crecemento lento, pero que vive moitos anos e ao final acaba siendo unha árbore de tamaño de grande a moi grande, de 55 a 60 m de altura e cun tronco de até 7 m de diámetro, no seu hábitat natural en Formosa, pero moito menos no exemnplares cultivados en Europa, onde só prospera ben nalgunhas partes, como en Irlanda.
  • A casca é de cor parda av ermellada, e presenta fisuras verticais e unha textura moi fibrosa.
  • A xe está disposto en ramiñas planas.
  • As follas adultas son escamenttas, de 1 a 3 mm de longo, apuntadas no extremo, e de cor verde pola face e o envés, con só unha banda de estomas inconspicua na base de cada folla. Están colocadas en pares decusados opostos nas ramiñas. As xuvenís, que se encontran nos brotes novos, son aciculares, de 4 a 8 mm de longo, suaves e de cor verde azulada glauca.
  • Os conos son ovoides, de 6 a 12 mm de longo e de 4 a 8 mm de diámetro, con de 8 a 16 escamas dispostas en pares opostos, madurando en outono ao redor de 7 a 8 meses despois da polinización.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

Chamaecyparis formosensis foi descrita en 1901 polo botánico xaponés Jinzô Matsumura, nun traballo publicado en Botanical Magazine 15 (177): 137–138.[5][6][7]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Chamaecyparis.

O epíteto específico, formosensis, alude á súa localización en Formosa.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome que lle outorgou Matsumura, ue é o válido na actualidad, a especie tamén coñeceuse polos sinónimos seguintes:[6][7][8]

  • Cupressus formosensis (Matsum.) A.Henry
  • Cupressus formosensis (Matsum.) Silba
  • Retinispora formosensis (Matsum.) A.V.Bobrov & Melikyan

Especie emparentada[editar | editar a fonte]

C. formosensis está estreitamente relacionada coa especie xaponesa Chamaecyparis pisifera (o falso ciprés de Sawara), da que se diferencia pola súa ancha copa sobre unha ampla bifurcación en forma de 'U', a súa follaxe verde amarelada, lixeiramente bronceada e curvada cara a abaixo nos extremos dos brotes, e que ao esmagala despide un cheiro a algas mariñas, e en que as follas non están marcadas polo envés de branco, e en que os conos globosos son menores, de 4 a 8 mm de longo, con de 6 a 10 escamas.[2] [4]

Cultivo e usos[editar | editar a fonte]

A súa madeira é suave, moi resistente á podremia e fortemente aromática, polo que é moi valorada para as construcións tradicionais taiwanesas, particularmente para templos. Isto levou a que se talara en exceso, polo que a especie está agora en perigo. Un pequeno número dos exemplares máis antigos e grandes están protexidos como monumentos nacionais, pero a maior parte da súa poboación aínda segue desprotexida.[2]

Posíbeis nomes galegos[editar | editar a fonte]

Segundo as normas para a nomenclatura en linguas vulgares das especies vexetais, que aconsellan dar nomes diferentes ás especies de xéneros distintos, uns posíbeis nomes en galego poderían ser falso ciprés de Formosa, ou camecíparis de Formosa.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Chamaecyparis formosensis na Lista vermella da UICN. Versión 2017-3. Consultada o 3 de xaneiro de 2018.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Farjon 2005.
  3. Flora of China: Chamaecyparis formosensis
  4. 4,0 4,1 Mitchell 1979, p. 87.
  5. Chamaecyparis formosensis Matsum en Tropicos. Consultada o 4 de xaneiro de 2018.
  6. 6,0 6,1 Chamaecyparis formosensis Matsum. no IPNI.
  7. 7,0 7,1 Chamaecyparis formosensis Matsum. na GBIF.
  8. Chamaecyparis formosensis en The Plant List. Conultada o 4 de decembro de 2018.
  9. Mitchel 1979, p. 87.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Farjon, A. (2005): Monograph of Cupressaceae and Sciadopitys. Royal Botanic Gardens, Kew. ISBN 1-8424-6068-4.
  • Farjon, A. (2010): A Handbook of the World's Conifers. 2 Vols. Leiden: Koninklijke Brill. ISBN 978-9-0474-3062-9.
  • Mitchell, Alan (1979): Guía de campo de los árboles de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-549-3.
  • Rushforth, Keith D. (1987): Conifers. New York City, New York, USA: Facts on File. ISBN 978-0-8160-1735-5.
  • Yamamoto, S. I. (1998): "Regeneration ecology of Chamaecyparis obtusa and C. pisifera (Hinoki and Sawara Cypress), Japan". En: Aimlee D. Ladermann (ed.) Coastally restricted forests. Oxford, New York: Oxford University Press. ISBN 978-0-1950-7567-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]