Segundo investigacións xenéticas, arqueolóxicas e históricas, antes da década de 1930 esta especie non habitaba en Chile nin na Patagonia arxentina austral, xa que a súa área de distribución remataba na marxe norte do río Chubut. Pero a construción de estruturas humanas como estradas, oleodutos e, especialmente, pontes sobre os ríos, ademais doutras alteracións antrópicas durante máis dun século, modificaron as condicións ambientais da rexión, permitíndolle invadir áreas que non podería conquistar de forma natural, alcanzando así até o estreito de Magalláns, e incluso foi introducida tamén no sector norte da illa Grande da Terra do Fogo.[4]
↑Abba, Agustín M.; Sebastián Poljak, Magali Gabrielli, Pablo Teta e Ulyses F. J. Pardiñas (2014): "Armored invaders in Patagonia: Recent southward dispersion of armadillos (Cingulata, Dasypodidae)". Mastozoología Neotropical21 (2): 311-318.
McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
VV. AA. (1968): "Dasipódios" en Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp.86–88.