Chaeropus ecaudatus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Chaeropus ecaudatus
Bandicut de pés de porco
PigFootedBandicoot.jpg
Chaeropus ecaudatus. Lámina de John Gould
Estado de conservación
Status iucn3.1 EX gl.svg
Extinto
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Australidelphia
Superorde: Eometatheria
Orde: Peramelemorphia
Familia: Chaeropodidae
Gill, 1872
Xénero: Chaeropus
Ogilby, 1838
Especie: C. ecaudadus
Nome binomial
† Chaeropus ecaudatus
(Ogilby, 1838)
Área de dispersión histórica de Chaeropus ecaudatus

Área de dispersión histórica de Chaeropus ecaudatus

Chaeropus ecaudatus, coñecido na bibliografía como bandicut de pés de porco,[1] (do inglés pig-footed bandicoot) é unha especie de mamífero marsupial australidelfo da orde dos peramelemorfos,[2] única do xénero Chaeropus,[3] que á súa vez era o único da familia dos queropódidos (Chaeropodidae).[4]

Era un pequeno marsupial herbívoro que habitaba nas chairas áridas ou semiáridas do interior de Australia, que se considera extinguido desde o ano 1958.[5]

Características[editar | editar a fonte]

Tiña un tamaño similar ao dun gato, e morfoloxicamente se asemellba moito aos bilbís (especies do xénero Macrotis), con extremidades longas e delgadas.

Unha das súas primcipais característicae era a gran redución do número de dedos, presentando no pé anterior unicamente o segundo e o terceiro dedo, cun pequeno rudimento do cuarto, formando coas súas longas uñas e grandes almofadas apicais, un pé que se parecía superficialmente ao dun artiodáctilo.[6] En cambio, no pé posterior, o cuarto dedo formaba o pé funcional por si só, cunha soa uña e unha almofada apical que recordaba o pé dun perisodáctilo.[6]

A súa distribución era moi ampla, encontrándosele nunha gran variedade de hábitats, desde bosques abertos con herba alta até chairas e pasteiros.[5]

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro exemplar documentado foi capturado por Thomas Mitchell en 1836, no norte de Victoria, cerca da confluencia dos ríos Murray e Murrumbidgee. Poucos científicos tiveron a oportunidade de ver directamente este animal.

Na segunda metade do século XIX capturárons máis espécimes, a maioría en Victoria, Australia Meridional, Territorio do Norte e Australia Occidental.

Os últimos exemplares capturados datan de 1901, aínda que posibelmente subsistiran até ao redor de 1950, segundo testemuñas dos aborixes, pero non hai indicios de que aínda pervivise. A UICN declarou a especie oficialmente extinguida en 1982.[5]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Esta especie foi situada inicialmente por MCKenna e Bell (1997) na familia dos peramélidos, cos bandicuts e os bilbís, dentro da subfamilia dos Chaeropodinae.[4] Porén, a súa forma é moi distinta da dos bandicuts verdadeiros e do bilbís, e as evidencias moleculares descubertas recentemente apoian esta distinción. Pénsase que constitúe por si soa un grupo irmán dos demais peramelemorfos, polo que se creou para ela soa a familia dos queropódidos.

Descricións[editar | editar a fonte]

Familia

A familia foi descrita en 1872 polo zoólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill, nun traballo publicado en Smithson. Misc. Collect., '11: 26, e como quedou dito, foi situada inicialmente dentro da familia dosperamélidos, como subfamilia.[4]

Xénero

O xénero describiuno en 1838 o naturalista irlandés William Ogilby en Proc. Zool. Soc. Lond., 1838: 26.[3]

Especie

E a especie foi descrita no mesmo ano, polo mesmo autor antecitado (Ogilby), na páxina 25 do traballo arrina indicado, co nome de Perameles ecaudatus.[2] Posteriormente reclasificoluse dentro do xénero Chaeropus.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Familia

Ademais de polo nome orixinario e actualmente válido, coñécese tamén polo sinónimo Chaeropini Szalay, 1994.[4]

Xénero

O xénero tamén se coñeceu, ademais de polo nome válido, polo sinónimo Choeropus Waterhouse, 1841.[3]

Especie

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]

  • Chaeropus castanotis Gray, 1842
  • Chaeropus occidentalis Gould, 1845

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

O nome científico Chaeropodidae está formado, como é norma, sobre a base do nome do xénero tipo (e único) da familia, Chaeropus, coa adición da forma sufixa do latín científico -ĭdae, propia dos nomes das familias de animais.

O nome do xénero, Chaeropus, formouse co elemento do latín científico chaero-, tirado irregularmente do nome do grego antigo χοῖρος choîros, 'porco', e o elemento -pus, derivado do grego antigo πούς poús, 'pé', aludindo á semellanza das patas anteriores ás dun porco.[7]

En canto ao nome específico, ecaudatus, está construído polo elemento latino e-, de ex, co significado de 'privación' ou 'negación', e o adxectivo caudatus, 'con cola', derivado de cauda, 'cola'.

O nome completo da especie, Chaeropus ecaudatus, significa literalmente, por tanto, 'o de pés de porco sen cola'.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Como quedou dito, esta especie é a única do seu xénero, e da súa familia:

Orde Peramelemorphia Ameghino, 1889

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Castelán, bandicut de pies de cerdo; catalán, Bàndicut de peus de porc; francés, bandicoot à pied de porc; italiano, bandicoot dai piedi di porco; portugués, bandicoot-pés-porco.
  2. 2,0 2,1 Chaeropus ecaudatus no MSW.
  3. 3,0 3,1 3,2 Chaeropus no MSW.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Chaeropodidae no MSW.
  5. 5,0 5,1 5,2 Burbidge, A.; Dickman, C. & Johnson, K. (2008): Chaeropus ecaudatus na Lista vermella de especies en extinción da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 5 de maio de 2016.
  6. 6,0 6,1 Matthews, L. Harrison (1977): La Vida de los Mamíferos. Tomo I. Historia Natural Destino, vol. 16. Barcelona: Ediciones Destino. ISBN 84-233-0699-2.
  7. Chaeropus no Merriam-Webster Unabridged Dictionary.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
  • Macdonald, D. & Norris, S., eds (2006): Bandicoots. pp. 824–827 en The Encyclopedia of Mammals, Vol. 1, Fourth Edition. Londres: The Brown Reference Group.
  • McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
  • Seebeck, J. (1990): Bandicoots and Bilbies. Norton, Australia: Surrey Beatty and Sons in association with the Australian Mammal Society.
  • Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
  • Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
  • Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Familia[editar | editar a fonte]

Xénero[editar | editar a fonte]

Especie[editar | editar a fonte]